Rexurdimento no 1 de Maio

Como todos os anos por estas datas, Canido toma impulso para fortalecer a súa autoestima. As froles empezan a cubrir balcóns, cancelas, rúas e o noso símbolo máis representativo, o Cruceiro, para trocar as súas cores, de natural preciosas, por outras que pasarán, pero deixarán a súa pegada durante outros doce meses.

Para o visitante dicirlle que as festas de Canido non se atopan no exterior. Que non espere ver á París de Roña nin á Orquesta Patochada, de ningún xeito. As festas en Canido xurden do máis fondo dos corazóns dos Canidienses para afloran entre jaitas e tamboriles misturados con callos e grolos de viño no medio do Toldo.

O 1 de maio é tamén día de loita da clase traballadora, non no esquezamos, á que pertencemos maioritariamente os habitantes do mellor barrio do mundo.

Que entre as nosas promesas de rexurdimento se atopen aquelas que permitan que o noso barrio reciba todo o que se merece e que nos negan dende que o mundo é mundo.

Pero bueno, ademáis de todo isto tan profundo e poético quería dicirvos que non me acabedes coa empanada, que xa vou!!!

Comentarios