Quichís "O historiador"


Xa nin me acordo como funciona este artefacto. O tempo e o cansancio fai mella neste blogue que necesitaba un novo impulso que eu non era quen de dar.

A casualidade, o destino, as forzas divinas ou a sorte puxeron no tortuoso camiño de Canido Sostible a un diamante en bruto que dará que falar nos próximos tempos. Non falo de Ronaldo nin de Messi, aínda que tamén procede do mundo do fútbol, onde traballou durante moitos anos sacando rapaces da rúa para cambiar pedras e malos rollos por deporte.

Falo dunha persoa das que escasean, das que non están fáciles de atopar e que un non pode deixar pasar unha vez que a coñeces.

Na súa memoria garda un arquivo propio dun disco duro de varios gigas, e a súa referencia xeográfica se atopa no entorno do noso amigo José María.

Quichís ou Chisqui son algúns dos seus alcumes. É maís coñecido en Ferrol e comarca que Carracuca. Vaias por onde vaias escoitarás un "ta logo Quichís", sendo un dos poucos mortais que teñen unha taza personalizada no "Cruce" coa que mollar o gaznate.

Mostrar o presente de Canido a partires do seu pasado foi sempre unha aposta de Canido Sostible, e Quichís o seu mellor expoñente.

Esta é unha sinxela presentación, e a partires de agora serán os seus escritos e as súas historias do barrio as que falarán por el.

Faustino V colle a Xubilación anticipada e cede gustosísimo o protagonismo, se algunha vez o tivo, ao seu grande amigo. Sei que sairedes gañando co cambio.

Sentaivos, callaivos, estaivos quetos e disfrutade.

Comentarios

  1. Creo que no eres tu el que falla, mas bien seremos los que a diario entramos solo a mirar sin mas.
    Esperemos que esto sirva de algo y se pueda volver a lo que ha sido.
    Un saludo amigo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario