Sentenza do Cabanyal

Non sei se vos recordades dunha vez na que escribín sobre o Cabanyal, un barrio valenciano que estaba a piques de ser fulminado polas palas excavadoras de Ritísima para facer unha operación inmobiliaria de proporciones descomunais, coa excusa da apertura da cidade ao mar (¡será por mar!).

Ese barrio mantén certas similitudes co noso querido Canido, no sentido de que a pesares de ter un valor histórico-cultural importantísimo, parecía que somentes era valorado polos seus veciños.

Aproveitando a coxuntura, Rita e os Ritipitiflaúticos frotábanse as mans co negocio: vivendas de luxo para ricos preto do mar e os veciños do lugar a rañala por aí (sónavos?).

A diferencia de aquí, un movemento veciñal unido e correoso colleu as súas pácificas armas e loitou para evitar o que eles consideraban un espolio, e sairon victoriosos. O Ministerio de Cultura, competente na materia, coincidiu cos veciños nesa definición das actuacións e paralizou o plan.

En definitiva falar de espolio cultural e falar de Canido é o mesmo. A destrucción do noso patrimonio xa non ten volta atrás no caso do núcleo de Ínsua, desaparecido do xeito más absurdo para dar paso a unha avenida que remata nun embudo no que vive, ¡vaia usted a saber!.

Non me canso de denunciar o espolio de Canido, e seguirei facendoo, máis se cabe unha vez que ese matiz, o do espolio, é o que fai que un barrio da beleza do Cabanyal siga en pé hoxe en día.

Saúde para os nosos compañeiros do Cabanyal, e que lle vaian dando a Rita.

Comentarios

  1. Ya podiamos haber tenido esa suerte en nuestro Barrio, o mejor dicho, ya podriamos luchar como lo han hecho ellos.
    Un saludo para el Cabanyal

    ResponderEliminar

Publicar un comentario