As parchicletas


Non entendo como en Canido están as igrexias baleiras. Non o entendo, porque se é por falta de fe, eiquí andamos sobrados.

Se vos fixades na dereita do blog, no apartado de "Novas dos Canidos", cada día aparecen máis referencias ao noso barrio, ao Canido máis auténtico.

As novas que aparecen son sempre iniciativas a cada cal máis molona. Centro de día para o barrio, reforma do Cruceiro, Alonso López peonil, postos de bicicletas de aluguer, parques biosaudables, e un longo etcétera de obras e dotacións para o barrio que non dan chegado.

E nós observando caladiños, cunha fe de tres pares de pinganillos. Unha fe que non é que mova montañas, é que as pon bailando a macarena.

Acabo de chegar dun bautizo na nova igrexa de Caranza, ao seu lado unha a obra a todo meter dun centro de día. Tomamos un jarrillo no Galicia, preto dun centro cívico acojonante. Un posto de bicicletas permite que baixes ao centro sen contaminar por un paseo marítimo dignísimo. Pero Canido, espera que te espera a que lle chegue o seu turno.

Estou seguro que alguén no concello ten moitas ganas de que Canido teña cousas, probablemente Mato, pero non sei que carallo pasa para que o único que teñamos é a muralla estragada por unha obra mal planificada.

A historia ésta do posto de bicicletas e das outras golosinas para Canido soanme como os engados que se lle fan aos pequenos: papi, papi, ¿cando me compras a "plaisteisionnumberzri"?.

Mañá pequeno, mañá.

Comentarios

  1. E os que lanzan os carameliños ainda han crer estar certos de que nos len ao pe da cama os contos dos irmáns Grimm antes de durmirnos.

    ResponderEliminar
  2. Canta razón tes, Faustino.
    Temos que espabilar e empezar dunha vez por todas a reclamar o noso.
    Un saudo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario