O que naceu case de xeito espontáneo, (aínda que manexado coa xenialidade que sempre imprime a estas cousas Eduardo Hermida), volta esta vez cun aspecto de madurez que certamente pinta (nunca mellor dito) moi, pero que moi ben, aínda que o listón do ano pasado está moi alto.
Este ano, á música, á fotografía e, por suposto, á pintura, úneselle o cinema, cunha restrospectiva de Rubén Coca que fará as ledicias de todos nós.
Canido será durante esas datas epicentro da cultura e a modernidade e referencia no mundo mundial na dinamización de barrios deprimidos (eu xa ando co Prozac no peto).
Este ano as meninas teñen a súa propia casa. O programa é o suficientemente amplo como para ter o seu propio espazo nestes mundos virtuales de frikilandia. Trátase do blogue http://asmeninasdecanido.blogspot.com/.
Non obstante, na medida que a miña pereza patolóxica mo permita, informareivos puntualmente (mes arriba mes abaixo) de todo o que alí aconteza.
A pena e non saber pintar, fotografíar, facer curtametraxes nin tocar un instrumento, pero bueno eu sei a lista dos reis Godos.
Chincha rabiña.
Parece que la cosa promete este año, a ver si no se me olvida la camara como el año pasado.
ResponderEliminarPor allí nos veremos Faustino, a ver si pagas algo, jejejeje.
Un saludito desde la Luna