Crise?

Estou preto das vacacións, se Deus quere, e con elas o despilfarro, o disfrute a golpe de talonario e a encher a tripa de frituras, mariscadas de Arabia Saudita e mojitos. Moitos mojitos. Eso é o que mandan os tempos, paparotas a gogó.

Os millonarios coma min é o que facemos, disfrutar da vida e tirar os cartos, porque nos chega a riadas e de xeito bastante fácil. Uns cantos currantes explotados con nóminas de miseria, con medios terceiromundistas e a esperar. Se morren, ao caldeiro. Un contenedor cercano e nocturnidade é o que fai falla. Logo asubiar para arriba e correr un pouco se acaso. Quén carallo vai recoñecer a un tipo de pel oscura, se son todos iguais!.

Nada, nada, que lle den polo cú a crise. Eu xa fixen o meu ERE. Se sabes o que é bo fai o teu. Aproveita agora que é fácil. Se tes algún empregado fixo xa sabes, é o momento de facerlle un contrato de merda. Si o quere ben e se non que se vaia, que agora hai xente dabondo onde coller.

Eu de vacacións, papando como unha prea. A fin de contas hoxe non pasa fame ninguén ¿Non temos a cociña económica?, pois eso, que vaian alí, que por algo se chama así, digo eu.

Hoxe pasei pola da Coruña, na rúa Juan Canalejo. Un rapaz lle botaba crema pola cara a una vella que a queimara, supoño que co sol. Por idade parecía o seu fillo, ou o seu compañeiro, ou o seu amigo, ou algo así. Pero o facía con mimo.

Ao cruzar a rúa unha muller duns corenta anos pegaba folletos, de non sei que servizo personalizado, nunha farola. A acompañaban os seus fillos sorrintes. Parecían disfrutabar como enanos desa tarefa. A súa nai supoño que perdeu o traballo e intenta sair a flote. Algún ERE dalgún colega.

Eu estou nun hotel de sete estrelas redactando un informe para deixar no paro a un lote de xente.

Estou so. Ninguén me botará crema pola cara con ese mimo ni me axudará co ánimo deses pequenos.

Puta crise, son trillonario, vanme ao pairo as consecuencias que teñan para os máis pobres, pero cómo me jode velos sorrir e eu aquí amargado e cheo de pasta!.

Puta crise.

Comentarios

  1. No lo cazo, del todo.

    ResponderEliminar
  2. Tampouco ten maior importancia. É unha flipada nocturna.

    ResponderEliminar
  3. Ah, por certo, eu non son trillonario, nin fago EREs, nin vou a hoteis de sete estrelas. De feito escribín dende un hostal ben barato.
    O único que é real é o home de crema e a muller cos fillos e os carteis na farola. O resto saiu so.

    ResponderEliminar
  4. Siempre oi hablar muy bien de la hierba de Villarrube, pero no hasta este extremo, jajajaja.
    Si que te hacían falta las vacaciones Faustino y no veas como.
    Un saludo de un lunático.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario