Solierariedade co Toldo

Estimadas veciñas e veciños do barrio, como parecía cantado, finalmente o Concello de Ferrol considerou innecesario o reparto de burmarflash entre dez ou doce cativos do barrio e limitou o seu apoio ás festas de Canido a catro paquetes de kikos e cinco regalices.
Ante semellante despilfarro en tempos de crise, os veciños do barrio, solidarios como sempre, decidimos que é mellor que o consistorio non faga ese esforzo fora de serie pola recuperación das nosas máis fondas tradicións, e que dedique a súa axuda en mercar supositorios de glicerina para mellorar ese estreñimiento que parece dominar aos nosos gobernantes nos últimos tempos, o que en román paladino significa que o poden meter por onde todos sabemos.
Eso supón un pequeno contratempo no programa deseñado por Eduardo Hermida e Tonecho pois faise imposible a contratación dos grupos previstos e máis o escenario correspondente, máis por nada do mundo sucederá o mesmo co noso TOLDO e os MAIOS, sempre que os veciños fagamos un esforzo e demostremos que somos capaces de facer cousas sen axuda externa.
Por iso, a petición do noso veciño Eduardo, fago un chamamento á unidade e solierariedade veciñal para colaborar en esas dúas actividades. Xa sabedes que no caso do Toldo o tema consiste en aportar viandas para ser degustadas polos veciños do barrio, e no caso dos Maios a materia prima son as flores.
Os recursos económicos obtidos serán, como sempre, para unha boa causa. Neste caso están a barallar a posibilidade de utilizalos na recuperación do Albergue de Canido. Case que nada.
Temos que dar exemplo. Todos os que queirades participar podedes enviar un correo electrónico a canidosostible@gmail.com ou ben porvos en contacto directamente con Eduardo Hermida ou con Tonecho que a fin de contas son os promotores e cerebros da iniciativa.
Xa fixen a miña proposta de lista de prezos. Concelleiros e alcaldes 6000 euros a tapa.
As racións ao dobre.
Foto: EPTL

Comentarios

  1. Meu apoio á causa (¡cómo non!), aportando viandas para o toldo amáis de aportar, na medida dos meus humildes coñecementos, a Nosa Música ao vivo coa fin de colaborar tamén ao ambente festivo e danzarín, tal e coma noutras ocasións anteriores. Sempre contando coa licenza do mestre Tonecho, o Gaiteiro de Canido e a displicencia dos Veciñ@s de Noso Barrio de Canido.
    ¡Apertas!.

    (OS DE CANIDO SOMOS ASÍ).

    ResponderEliminar
  2. ¡...Opa,"castrexo"!. E ti non has quedar sen botarlles unhas peciñas á Gaita. Ja, ja. Amáis levarei o tamboril tamén.
    ¡Apertas!.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario