Sigo co trauma

Non levanto cabeza. Sigo co trauma das eleccións de hai unha semana, e xa incluso dubido se necesitarei axuda especializada. Espero que non.

Xa sabedes que eu escribo por arroutadas, e me acaba de dar unha ao ver a foto que subiu Gilberto ao foro na que aparece o noso mestre común, D. Antonio, e ao seu lado, xunto a outros veciños do barrio, Francisco Rodríguez, membro da executiva nacional do BNG. Ao velo, todo o que levaba andado quedou desandado. Outra vez recordos e máis recordos.

Pasoume pola cabeza a imaxe de Anxo Quintana e o iate, a Feijoo coa súa cara de Woody Allen amargao, Touriño decindo adeus con cara de circunstancias, e eu como un pánfilo mirando os resultados electorais no blog cun PP que se meneaba entre os 39 e os 40 diputados. En fin, mellor que siga a vida.

As disputas internas no BNG non tardaron en aparacer, como é lóxico e sanísimo, e a voz de Beiras, non sei se oportuna ou non, pedindo a cabeza do "Comodoro" Quintana. Eu persoalmente estou dacordo en que como Touriño, o de Allaríz ten que empezar a buscar un destino máis apropiado ás súas ansias mariñeiras, por exemplo, non sei, Pernambuco igual estaba ben. Alí, caladiño e sen molestar durante uns anos faría máis ben que mal.

Pois a arroutada viña porque agora empezarán as listas de posibles candidatos ao liderazgo do BNG nas que me gustaría ver ao veciño da Tafona, Francisco Rodríguez, aínda creo que vai ser bastante complicado, máis que nada porque non creo que queira ese "agasallo" neste momento. Parece máis realista a opción de ver a Mar Barcón levando, neste caso en sentido metafórico, o barco do PSOE.

A Francisco Rodríguez somentes coñezoo de vista, de velo apoiando iniciativas do barrio como o Toldo e as Meninas, de onde sale a foto que ilustra esta entrada, misturado entre a xente do barrio, como un máis. Aínda estouno vendo nunha ocasión na que puxou por unha bandexa de ensaladilla rusa na subasta final do Toldo que tiña a Merceditas como mestra de cerimonias, pagando máis que ninguén por ela para repartila posteriormente entre os mozos do barrio, moitos deles ex alumnos do IES Canido.

Esa é a imaxe que teño de Francisco Rodríguez, un bó veciño e penso que idéntica persoa. Logo virá quen diga non sei que de non sei canto que tal que sei eu que fixo non sei onde, pero a min me parece que o importante é o que un é, e a el non o vexo nun barco, como un galo empachado, como ao seu xefe.

En definitiva sigo co trauma, pero eu o levaría mellor con Francisco Rodríguez e Mar Barcón como líderes da esquerda en Galicia. Líderes con personalidades moi diferentes, pero de probada solvencia a tódolos niveis.

Cada día me mollo máis. A ver cantos resultados acerto nesta quiniela.

Comentarios

  1. A verdade e que o meu forte non é o mundo da Política, partamos disto. De feito canto máis sei ou coñezo, máis me desencanta e menos quero saber ou compormeterme. É o que hai.
    Hai que ser dunha "feitura especial" ou ver a vida e o mundo dun xeito moi particular e singular para introducirse en tal gremio. O gremio no que unha carta entre todas as da baralla pode querer ou ansiar repartir a quen é repartidor ou marear ás demáis cartas do xogo.
    Pero indo directo ao tema que me leva escribir este comentario: Estou de acordo contigo, Faustino, en que ambos os dous deberían contar cunha oportunidade tal. A súa calidade persoal e humán conleva unha esperanza política en certo modo.
    Só espero que, se sucede tal, non se deixen picar polo mal bicho que aliena ás persoas cando collen certo tipo de poder ou representatividade e que non se deixen levar por ningún tipo de radicalidade cegada en vertiente algunha, que sexan fieis ás súas ideas ou ideoloxías pero sempre cos pes na terra para ser consciente da variedade do conxunto da cidadanía, da sociedade e da universalidade da humanidade. Pero metendo caña, curtando, actualizando e regulando a tontería e tamén o anacronismo nalgúns casos concretos.
    Eu son dos que cren que compre mirar para a casa de un, porque haiche moito listillo e listilla por ahí adiante, isto está ben demostrado e/ou sufrido, pero hai que saber convivir e respetar os lares veciños e tamén aceptalos, pero sempre con intelixencia. Ata pode que sexa dado o caso en que haxa que ensinarlle á veciñanza que tamén existe ista "filosofía". Ou sexa que amáis de estar preparado, ser loitador, ter calidade de bo negociante e bo comercial, hai que saber vender e comprar, perder pouco e gañar moito, non dar e agasallar gratuitamente se non simplemente deixar e facelo con vista de futuro e a un tempo obter benestar no presente inmediato...e...por se todo iso fora pouco tamén hai que saber ensinar e educar .
    ¡Unha verdadeira loita contínua nun mundo egoista e egocentrista que non todos saberán levar ben baixo risco da súa saúde ou o lugar que ocupan!.
    O resto, ¡ja¡, o resto e puro marquetin da Coca-Cola e pósters centrais da "Interviú". E quen non valga para estar: ¡fora de ahí!.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario