
A verdade é que encheume de satisfacción ver como as novas xeracións do barrio empezan a impregnarse dos principios do desenvolvemento sostible, e a cumbre de Río ou a carta de Aalborg pasan a formar parte do seu vocabulario habitual.
O certo é que a aplicación que fan é francamente maxistral: unha competición de boas prácticas entre as aulas en temas tan dispares, pero tan relacionados, como o fomento da convivencia, o aforro de enerxía, reciclaxe de refugallos, respeto ao mobiliario, fomento da orde e a limpeza e das iniciativas e a creatividade dos alumnos. Sostibilidade en estado puro, nin máis nin menos.
Creo que merecen o noso apoio pois son a nosa canteira.
A súa dirección é: http://axenda21escolar.blogspot.com/
Por certo van gañando os de 1º de ESO.
Temos futuro
Comentarios
Publicar un comentario