Festas!!

Por fin festas. Falta facía oh, falta facía!.

Non me lembro moi ben de cando foron as últimas festas de Canido que se celebraron, o que sí que sei é que hai demasiado tempo.

Non é que sexa demasiado adicto as festas esas da París de Noia e a Orquesta Panorama, tampouco é que me molesten -teñen o seu punto- pero dende logo non me volven tolo.

Si falásemos dese tipo de festas, non creades que eu estaría especialmente triste pola súa ausencia. Desas hainas en calquera sitio: na Cabana, en Caranza, en Esteiro, en fin, en todas partes.

Eu o que realmente botaba de menos eran os pasarrúas, os cabezudos, o Toldo da Tafona os Maios, incluso as misas o ar libre de Don Gabriel previas ao noso máis solidario encontro gastronómico, sempre interrumpidas por algún “feligrés” un pouco borrego berrando aquelo de “¡hai fame!”.

Pois sí, eso sí que o botaba de menos, pero moito moito. Aos meus fillos téñollo contado, pero nin imaxinan o que significa para moitos canidienses.

O outro día, cando o das Meninas que organizou Eduardo Hermida, teño que recoñecer que na Praza da Tafona pareceume oliscar ese cheiro especial do espíritu do barrio de Canido. Alí estaba todo o mundo arroupado pola boa música e os jarrillos servidos por Antonio e Juan Hermida, pero eu o que realmente respiraba era aroma de cambio, de retorno as nosas orixes de xente festeira e solidaria.

A noticia de que outra vez Eduardo co axuda doutro pata negra do barrio, Tonecho Varela, van a recuperar as Festas de Canido -as de verdade- éncheme da máis profunda das satisfaccións.

Teño a agradable sensación de que Canido desperta do seu soño, lenta pero firmemente.

Canido será sostible o queiran ou non. Incluso sen parque bioperralleiro.



Imaxen collida polo morro da Voz de Galicia

Comentarios

  1. Que razón tienes Faustino, que años aquellos, cuando saliamos de cabezudos por todo el Barrio, aquel toldo de la Tahona, donde nos reuniamos todos, aquel aroma de Barrio, donde todo el mundo echaba una mano, aquellas críticas de los de siempre, esas si que son las verdaderas fiestas de Canido, espero que este año sirva de despegue para muchos años más.
    Bajare de la Luna si montan el toldo.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, si la montaña no va a Mahoma, Mahoma siempre puede ir a la montaña, lo que también es una solución.

    A una fiesta en la que toque V. Aneiros, me apunto en el acto.

    Saludos.

    ResponderEliminar
  3. Perooo ¿ Quién se cayó de la foto ?

    ResponderEliminar
  4. Se habrá ido avergonzado

    ResponderEliminar
  5. El que se cayo de la foto no cuenta?

    ResponderEliminar
  6. Parabéns polo artigo e pola calidade do tema a tratar: as verdadeiras "Festas Canidienses", amalgama de encontros, reencontros e relacións humanas, de compañeiros, de amigos, de veciños, de persoas que viven un "modus vivendi" particular froito do produto común de xeitos semellantes de enfocar a Vida que construiron e mantemos nunha nosa leda fachenda.
    Sempre participiei nas conversas cos meus primos, tíos e amigos no reclamo da volta daqueles tempos dos, tal e como sinalas, Faustino, pasarrúas, "cabezudos", etc., aínda que, por desgraza, hai figuras como a de D. Gabriel que non poderán participar dende a nosa dimensión física.
    O Patrón de Sta. Cruz de Canido, o "día da Nai"...maio sempre estalaba cos raios precedentes á época estival, cando tralo inverno os rapaces e rapazas divertiámonos lixeiros na rúa co sorriso de estar ao sol, xogando, bailando, brincando e botando unha Mirinda.
    E neste paraxe de lembranza melancólica, todas as familias en xuntanza, participando do Toldo, dos bares e...mentres...o arrecendo das comilonas que se estaban a preparar nas cociñas para festexar a data. As aboas e as nais recibindo os seus agasallos, ledas do recoñecemento público d@s fill@s polo seu "título vitae". ¡Todo ledicia!.
    Aínda que algúns, a estas alturas da vida, xa non nos atopamos precisamente na banda que leva moedas para as lambetadas no peto e encantariame exercer o meu dereito como membro "da banda dos maiores" que "soltan a galiña" para ledicia dos novos pequenos, da banda que berra cara ao outro lado da barra:
    -¡Ei, o dos rapaces cóbrasmo a min!.

    ResponderEliminar
  7. Opa Gilberto, nótase que somos da mesma quinta.

    ResponderEliminar
  8. ..da quinta do Setenta: persoas que na súa boca o Barrio sempre se menta.
    ¡Saúdos, Faustino V!.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario