Amigo Luis

Cando morreu Lolo Huertas, Luis perdeu unha parte de seu.

Luis tiña en Lolo a súa referencia, o seu faro, todo na súa vida xiraba ao redor del. Sen lugar a dúbidas Luis cedeulle a Lolo o espazo no corazón que seu pai non quixo ocupar, e Lolo, cun corazón que non lle cabía na súa inmensa caixa torácica, aceptouno sen porlle nen a máis mínima condición.


Lolo mantiña vivo a Luis, era o seu sustento intelectual. Era capaz de manter un equilibrio perfecto entre a broma sana e o paternalismo que Luis tanto necesitaba. Poder cabrearse de vez en cando con alguén para reconciliarse despois, como os mellores amigos, esos que non rompen nin cando discuten máis abertamente.


Devorador de revistas de culturismo, e afeccionado como ninguén a ese deporte esteroideo, Luis garda en pano de ouro a herdanza deixada polo seu grande amigo, consistente en ducias e ducias de "The Muscles", "Sportlifes" e "Bodyfitness".


Hoxe o Rolen segue sendo o seu centro de actuación e alí segue axudando coas compras de pan e co suministro da prensa diaria, esa que lle levaba sempre a Lolo cando os clientes xa non a precisaban.


Amigo Luis, a túa mente prodixiosa é capaz de ver moito máis aló do que casi ninguén é capaz de ver, e estou seguro que seguirás contando minuto a minuto todos os aniversarios da morte do teu compañeiro, Lolo Huertas.


Cando xa peinemos canas, nos atoparemos e me dirás " Ya lo estoy superando. Mañana hace 40 años de su muerte".

Comentarios

  1. Mmmm, Yo conocí a un Javi Huertas que era halterófilo y alguna vez se dejó caer por el garaje- gimnasio de Luciano ( personaje que llenaría el solito un libro ). Buen chaval, por cierto y con unas patas que harían la envidia de un percherón ¿ Serían familia ?.
    En fin, La Gándara era la pera no hace tanto tiempo.

    Pd. Si "Cuchara" era Pablo Ríos P. fué compañero mío en el Tirso y con eso te dejo una pista de la edad.

    Saludos

    ResponderEliminar
  2. No caso de Javier non vas por mal camiño no de Pablo xa non o teño tan claro, teño a sensación de que non é mesma persoa. Pablo debe andar polos 50 tacos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario