De porcos e rodillos

Levo case dous meses fora do barrio e chéganme as novas coma un goteiro.

A última prodúceme unha mestura de vergoña e de noxo. Aínda non saio do meu asombro!.

Como sabedes no barrio non é que esteamos sobrados de iniciativas culturais de certa relevancia. Máis ben son inexistentes. Non pasamos da sardiñada de San Xoan ou dalgún concurso de filloas, que sin menosprecialos, pois teñen o seu espazo, necesitan vir acompañadas de algo máis.

Hai tempo falaba de Eduardo Hermida e do luxo de telo como veciño activo do barrio. Parece ser que eso ten algunhas complicacións, especialmente pola súa condición de artista brillante. Os creadores son sempre incomprendidos, sobre todo no seu propio entorno. Sempre se tende a minimizar a súa obra cando os temos ó lado da casa e tomamos os viños con eles. Xa sabedes, o típico, ¡vaya mierda de girasoles!, e cousas así.

Ten que ser fóra, lonxe destos vínculos afeitivos -por chamarlle dalgún xeito- onde xurde o recoñecemento, onde se xulga a obra e non o seu autor. Xa dicía Xesús que ninguén é profeta na súa terra, e iso se cumpre casi sempre, e no caso de Eduardo tamén.

Esto ven a propósito da fantástica noticia da iniciativa de “As Meninhas” de Canido, promovida polo propio Eduardo xunto con Gustavo Sequeiro, ambos artistas que pretenden reivindicar, coa maxia dos seus pinceis, o estado de abandono no que se atopa o barrio, e que dende este blogue levamos algún tempo denunciando. Todo eso con absoluto desinterés económico. Puro amor polo barrio.

Para máis inri, lian a unha serie de compañeiros como Carmela González, Avelino Castro e a diseñadora Marta Ramos para que deixen a súa impronta cunha “meninha” nalgunha fachada destartalada do barrio.

O máis alucinante é que para situar a Canido no mapa da modernidade consiguen que nin máis nin menos Jorge Cabezas veña ao barrio a pintar unha fachada. Ate eiquí sería para chorar de emoción, pero desgraciadamente agora toca a parte terrorífica da película. O noxo e vergoña do que falaba antes.

Como apunte do Canido profundo, e para dar a nota a nivel planetario, unha especie de talibán, cretino, anormal, gilipollas, burro pardo, e todo o que se vos ocurra, decide darlle co rodillo e borrar a obra para sustituila por un alegato de tatá gugú contra as antenas de telefonía móbil de Alonso López. En fin, para chorar. Noxo polos feitos e vergoña de que ese tipo sexa do barrio. Rezo para que non sexa así.

Aínda non me enteirei de quen foi gorrino ese, pero invito a tódolos veciños prostáticos e diarreicos do barrio a utilizar de letrina a porta da súa casa. Que se inunde de merda ate que emigre a unha pocilga, que é onde merece vivir.

Eu dende eiquí felicito aos promotores da iniciativa e os animo a que, lonxe de abandonar a idea, teñan máis forza para continuala. Dende canidosostible solidarizámonos e vos ofrecemos o noso apoio.

Con cretinos así estamos fodidos. Vai ser certo que as antenas danan o cerebro das persoas. Ese tipo é un claro exemplo.

Creo que o CESIC ten unha rata na que investigar, aínda que neste caso sexa de cloaca.

Comentarios

  1. gracias,amigo,por reivindicar justicia al cabron ese que me ha destrozado mi trabajo.volvere a canido pronto,no lo dudes, para hacer de nuevo otro mural,esta vez el doble de grande...un abrazo.jorge cabezas.

    ResponderEliminar
  2. Hola Jorge,

    É unha honra que te pases por este blog.

    Simplemente decirte que neste barrio estos tipos son unha excepción é que maioritariamente estamos desexosos de que voltes para deixarnos unha das túas obras para a posteridade.

    Saúdos dun seguidor da túa obra no Barrio de Canido

    ResponderEliminar

Publicar un comentario