Xubilación de Don Antonio

Este ano se xubilou o último mestre que quedaba da época na que eu estudaba no Grupo, Don Antonio.
Antonio era un mestre tremendamente serio, pero vocacional e boa persoa. A súa enorme presencia infundía respeto entre os cativos, o que facía innecesarios os berros e os castigos hacia os seus alumnos.
Aínda que non é nado en Canido, integrouse dende hai moitos anos como un veciño máis.
Este ano foi o seu último ano na profesión, e curiosamente dándolle clase o meu fillo.
Supoño que agora terá máis tempo para adicarse á súa maior afección, a pintura, onde ten traballos excepcionais. Seguro que dará que falar.
Noraboa, desfruta da situación, e a partires de agora que traballe Rita.

Comentarios