
Hoxe ven na Voz de Galicia que a concellería de obras recoñece que a execución foi defectuosa e que van a refacer todo de novo.
Eu que son bastante dado a ver todo negativo, quero neste caso quitar o positivo que ten o asunto. Por un lado é bastante raro atopar a un político recoñecer os erros -normalmente se empecinan ate que a cousa se convirte en insostible- sin perxuizo de que neste caso a responsabilidade real é da constructora Aldasa, á que lle vai sair cara a cousa, por chapuzas. Por outro lado, a Tafona vai recuperar o aspecto que se merece, ou polo menos eso desexo.
Dito o anterior sigo considerando que ese desexo so se cumprirá si se reprantexa o deseño deste espazo senlleiro do barrio aproveitando a nova reforma. A posibilidade dunha cuarta obra en un prazo máis ou menos breve sería mortal de necesidade.
Aproveiten o momento, aínda están a tempo.
Comentarios
Publicar un comentario