
A súa sólida estructura de clube de base, cunha escola de baloncesto considerada das mellores de Galicia, fai do San Rosendo un clube fora de serie.
Tal é así, que nestes momentos estase a negociar a súa fusión con Clube Baloncesto Galicia, que representa outra forma de ver o baloncesto.
Herdeiro do desaparecido O.A.R, o Clube Baloncesto Galicia recibiu déste a súa estructura semiprofesional pero olvidou totalmente á canteira. Aínda que mantivo sempre un equipo en categoría nacional, os equipos de base, e me refiro fundamentalmente ás escolas de baloncesto, desapareceron totalmente, chegando a convenios con colexios como o Isaac Peral para paliar esa carencia.
A mala sorte do noso equipo refrescou unha vella idea de fusión de ambos clubes, e nesas están neste momento. O San Rosendo é un preciado botín, e si facemos contas, quen sae gañando sen lugar a dúbidas é o Galicia e quen sae perdendo é o noso barrio, que verá como desaparece una marca de calidade como era a de San Rosendo.
Eu pola miña parte aconsello que a marca San Rosendo (Sendo) non se perda, son moitos anos co mesmo nome e iso debería ser irrenunciable. Hai que ter en conta que o nome deles é totalmente artificial.
É simplemente a miña opinión.
Comentarios
Publicar un comentario