Quinin

Podémoslle agradecer a moitas persoas a existencia deste blogue, pero en especial quero significar a tres.

Á primeira por suposto ó meu pai, do que xa falarei noutro momento con máis calma, a outra Don Gabriel, ao que lle adicaremos un especial en breve, e a outra é Quinín.

Quinín, pai de Nin, de Tono, de Alejandra, de Merchi e Margarita, e esposo de Finuca, foi un dos promotores do Albergue de Canido, en Esmelle, para o que traballou activamente e onde construiu, moi cerquiña déste, un verxel a partir dunha pequena casa prefabricada e un terreo rochoso totalmente estéril.

Quinín era un artista, un naturalista, un pedagogo afeccionado, era o Felix Rodríguez de la Fuente do barrio, totalmente autodidacta, capaz de facer cultivos de plantas e froitos exóticos en lugares insospeitados. Sempre que o visitabas no seu refuxio de Esmelle tiña un licor diferente, un viño feito con mimo e unha froita descoñecida que levar á boca, producido sempre coas súas mans utilizando métodos totalmente respetuosos co medio ambiente.

Tiña unha xenerosidade fora do común para subministrar esquexes e outras sementes a todo que llo pedía. Era un auténtico erudito que desfrutaba ensinando as orixes de todo o que conseguía.

Tamén tiña traballos de alfarería e esculturas de barro nos que se inmortalizaba con incrible destreza a outros persoeiros do barrio como Tenano.

Cada vez que o vía sempre me saudaba cun "¡anda ya!", que fora a miña resposta favorita cando de pequeno se metía cariñosamente comigo.

Foi un dos responsables, xunto cos outros nomeados anteriormente, do amor pola natureza que temos a xente do barrio da miña xeneración. Foi tamén responsable de que moitos rapaces do barrio non seguiran camiños escuros de difícil marcha atrás.

Hoxe, cando se acerca unha fin de semana de sardiñada no Albergue, me apetecía recordarme desta figura do barrio, auténtico xenio descoñecido ao que tódolos días lle adico este blogue.
Estou seguro que por ahí enriba estarás enfrascado cun sementeiro para facer máis fermoso o paraiso.
Te envío un novo ¡Anda ya!.

Comentarios

  1. Gostei moito do bloge, sempre é entrañable ler cousas de Canido e da sua xente.

    ResponderEliminar
  2. Me he emocionado al leer las palabras que le has dedicado a Quinin .Estoy segura que se sentiria muy orgulloso de ti.Por mostrar los encantos de nuestro canido.cuando pases por Esmelle veras que la esencia de Quinin sigue alli ,con su palloza ,el camarote etc.Y en especial en su playa donde pescó alguna que otra robaliza.Gracias de corazón por lo que has hecho.Bicos y un "anda ya"

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa