Plataforma Canido Sostible


Participar nas decisións, ter voz e representatividade, a forza da colectividade fronte ó individualismo, a unidade fronte á dispersión de ideas, a seriedade fronte ó cachondeo con que toman ó barrio, son algúns dos fins de Canido Sostible concebido como plataforma.


A debilidade dalgunhas asociacións veciñais, enchidas de lameculos profesionais e canteira de concelleiros apoltronados, fixo xurdir novos movementos asociativos para loitar contra a inutilidade dos nosos gobernantes mediante unha concepción da esquerda con maiúsculas que opta polas sinerxias enriquecedoras dos movementos participativos fronte a figura de líderes pasteleiros.

Non sei como interpretar as enquisas, nin sequera as miñas propias -mezcla de proposta seria con unha parodia de sí mesma,-polo que tampouco teño claro que exista vontade real entre os veciños de refundar o espírito dos nosos antergos para crear un colectivo que defenda os intereses do barrio fronte as máquinas de ladrillos.


Dende logo entendo que algo hai que facer. É posible que seis ou sete persoas non son suficientes para escomenzar unha andadura destas características ou si?. Unha Plataforma por un Canido Sostible sería un bo comezo. O meu correo xa o coñecedes. Á miña disposición é máis que evidente.


A pelota está no voso tellado.

Comentarios