Plan de Mobilidade Sostible

Se algo ten de bo isto do cambio climático, por dicilo frívolamente, é que se empezan a facer cotiáns termos que non hai nada soaban a chino mandarín. Tal é o caso dos plans de mobilidade sostible.
Fai sete ou oito anos -non necesito ir moito máis alá- falar destas cousas por estos lares soaba a cousa rara, a algo moi catalán, supermodernoquetepirras pero raro. Falar de bicicletas compartindo espazo cos coches unha excentricidade propia de países nórdicos, moi ricos todos eles, aos que lles gusta dar a nota.
Hoxe sin embargo se non falas diso eres un auténtico pringao. Nos diarios aparecen así como catro ou cinco noticias destes temas en cada edición: Chindasvinto, Coitadela, Morrefrío, Cajondiola, ou calquera outro concello que se prece ha de ter un plan de mobilidade sostible, aínda que na maioría dos casos nin saben de que coño están a falar.
Onte espertabamos cunha noticia deste estilo na Voz (parece que teño accións deste diario) pero neste caso falaba de Ferrol. A verdade é que se me ocorrerían unha media ducia de chistes respecto diso se non fose que neste caso a cousa cheira bastante ben. A presenza da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona (Barcelona Ecoloxía) co ideólogo Salvador Rueda á fronte son a mellor carta de presentación. Cónstame que a seriedade está garantida.
Vendo a idea que propoñen para o carril bici e o seu trazado, que inclúe Canido pola rúa Celso Emilio Ferreiro, encóllenseme os esfínteres do gustiño.
Agora só queda pasar dos papeliños e os planiños superchulis á realidade.
Noraboa pola iniciativa

Comentarios