Festas en Canido

María estás de sorte. O noso amigo "el-gallego-en-la-luna", non só non está alí enriba se non que está pola terra e bastante espabilado.

Nos envía esta foto que a min me produce auténticos espasmos de emoción.

Moitas destas rapazas aínda as sigo vendo no colexio dos fillos, e incluso manteño con elas bastante trato.


Pero ben, como volto a parecer o abuelo cebolleta, casi vos deixo coa ilusión que transmiten antes de sair ao escenario.

Qué a disfrutedes coma min.
Que a disfrutes María.
P.D. Censurei algunha frase da versión anterior da entrada porque unha casualidade non pode perturbar a alegría dunha foto tan bonita para este blogue.

Comentarios

  1. “El Gallego en la luna” é un “krak” atopando fotos no baúl dos recordos, eu estaba aí, ese espectacular día das festas de canido, de mediados os anos 70, no que se respiraba alegría, igualdade, diversidade, compartimento…algo do que hoxe en día se fala moito, e que leva presente na idoloxía de Canido dende sempre, é bo coincidir con persoas que saiban apreciar estas pequenas cousas que fan a algúns barrios tan grandes. Parabens polo blogue.

    ResponderEliminar
  2. É que non hai outra, somos cojonudos e punto.

    Ogallá os novos saiban o que é o barrio. Por eso teñen que ver que esto non empezou onte, que hai tempo as cousas eran moito máis dinámicas e que é posible que volten a ser parecidas.

    Gracias pola túa presencia

    ResponderEliminar

Publicar un comentario