Expo Canido

Ben, xa estou de volta.
Dende o Domingo levo fora por razóns de traballo e tiña o blogue deixado da man de Deus.
Pasei tres días en Zaragoza nun congreso sobre sostibilidade. O tema do cambio climático, como vos podedes imaxinar, protagonista cen por cen.
Xa veño acojonado pensando en construir un Arca en Canido para prepararnos para o que se antoxa como inminente. Está claro que algo nos toca facer polo planeta.
Pero bueno, tamén pasei pola Expo. Esta foto é de onte. Todo un espectáculo, o Circo del Sol especialmente. Concertos por tódolos lados, fogos artificiais, exposicións etc, Un derroche de medios. Se non fose polo caro que está todo, repetiría.
Pero como estou mexando fora de Canido, teño que dicir que a cidade pegou un cambio espectacular. Recuperación das marxes do Ebro e afluentes, parques e xardíns xigantescos, carriles bici por todas partes, en definitiva, que os criterios de sostibilidade foron os que marcaron os 1800 millóns de euros de inversión que meteron (vamos, como eiquí, que xa flipamos cos 13 millóns que nos deron co Urban). A man do meu amigo Javier Celma se nota por todas partes.
Aínda así asegúrovos que non cambio nada deso polo meu barrio. Rarito que son, xa ves.
Tamén vexo que este blogue xa funciona mellor sen min. Menuda actividade no foro!.
Agradezo a presencia dos novos membros e, a disfrutarrrrrrrrrrr!.
Saúdos a todos

Comentarios