Eurocopa en Canido

Non moitas cousas cambiaron desde esta foto, realizada no piñeiral que estaba á beira do Chalé de Rayola, por detrás do Grupo e da antiga Fenya. Un grupo de rapaces con ganas de xogar no Madrid ou no Barcelona deixábanse os xeonllos nun campo de xogo improvisado. Carducho, Pancho, Fonsito Butanero e outros máis -que vós diredes quen son-, con mirada gañadora, botaban peito pensando en mil rivais imaxinarios aos que derrotar. Opa Canido, Opa Canido, cagüenlaputapared!, como pillemos ao Esteiro fodémolos vivos!, parecen querer dicir.
Hoxe, as camisetas son de Niquel, Adridas ou Reboke, as botas con tacos de aleación lixeira, os balóns de tela de collón de avestruz e os nenos xa non collen pulmonías nin raquitismo, teñen alerxias e hiperactividade, pero, con todo, as instalacións deportivas públicas seguen sendo as mesmas, é dicir, ningunha.

Canido carece de lugares de lecer e espacios nos que facer deporte, sendo como é un dos barrios máis grandes no que a superficie se refire. Non teño claro que existan demasiadas posibilidades de incrmentar as dotacións deportivas, tendo en conta as existentes no resto dos barrios de Ferrol.
A diferenza está en que o piñeiral xa non existe e os nenos se xogan na rúa, probablemente sexa o último que fagan na súa vida.

Gracias de novo “gallego en la luna” polas túas fotografías.

Comentarios

  1. opa canido, opa canido, opa canido campeoooon!
    mítico!!

    noraboa polo blog! fai ilusión que se recorden esas cousas aínda que eu son xove e non as vivín si de escoitalas na miña casa de toda a vida!!

    ResponderEliminar
  2. Qué tal amigo!

    Precísamente o feito de que sexas novo e estas cousas te tiren quere dicir que algo tes xa na túa xenética canidina.

    Benvido ao blog. Pasamos lista tódolos días, non faltes.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa polo blog.
    Non lembro o nome de un xogador, o da dereita da fila de embaixo, pero os outros, de esquerda a dereita, como ollamos, son:
    En pé.- Berto, Juanín, Fonsito, Jorge Dacosta, Pedro Esteban e Pancho.
    Agachados.- Pablo, Carducho, Juan, Pololo e non lembro o nome do que queda.
    A foto foi feita o dia de reixes, pode que no ano 1966, e xogabamos contra os eternos rivais da Porta de Canido.
    Saúdos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017