Como cambian os tempos















Sobre a base desta magnífica fotografía aérea de Canido que me eviou o "gallego en la luna", que ben puidera estar feita dende o seu satélite no barrio, podemos observar os cambios sufridos no territorio ao comparalo cunha actual de Google Earth.
O edificio no que eu vivo, que ten uns corenta anos, non existía, polo que deduzco que estamos a falar dunha foto dos anos corenta máis ou menos.
Aproveitade que nun lustro máis só veredes cemento e uns cantos constructores cos petos cheos de cartos facéndolle cortes de manga ao fotógrafo do helicóptero.

Comentarios