BINGOOOOOO!!!!

Non me quero poñer mesiánico, pero cando nas miñas entradas do 4 de febreiro de 2008 e do 25 de novembro de 2007 falaba da importancia de que se aprobase o URBAN para Ferrol e da necesidade de recuperar o eixo Cruceiro-Tafona falaba de importancia vital para o desenvolvemento do barrio.
Hoxe estamos de noraboa porque o proxecto presentado polo Concello de Ferrol para os barrios de Ferrol Vello, A Magdalena e Canido foi aprobado, cunha financiación de 8 millóns de euros, que deberán ser completados ate os 13 con fondos propios.

Supoño que moita xente non será capaz de ver o que esto suporá para o barrio, pero creo que os que pasamos por este blogue sí. Estou francamente convencido de que este era o espaldarazo que necesitabamos para sair do fondo do saco.

Agora ven o meu toque de cautela: Señores do concello de Ferrol fagan un bó uso dos cartos. Non se trata de gastar moito se non de gastar ben. O Urban é a nosa bombona de oxíxeno e o futuro dos nosos fillos. Tedes a nosa total confianza, pero seremos implacables se isto se convirte nun cachondeo.

En calquera caso xa era hora coño, xa era hora!.

Noraboa ós premiados.

Comentarios