Mala memoria histórica

Cánto costa un bote de disolvente? tres euros?, catro como moito.

Non hai servizo de limpeza en Ferrol? Falta presuposto?. Necesitan doazóns?.

Me cabrea pasar cada día pola placa que hai na muralla do antigo cemiterio de Canido, en memoria de tantos e tantos fusilados nese mesmo sitio polo réximen de Franco, e ver que está chea de pintadas sen que ninguén faga nada por evitalo.

A quén lle pode molestar a placa? Quén pode estar en contra de que alguén recorde aos asasinados pola barbarie humana?. Seguramente aos propios asasinos, non poden ser outros. Esos símbolos que acompañan ao manchón son tétrica testemuña.

Canto disolvente fai falla para que se borre a memoria colectiva?. Non hai euros no mundo para pagalo.

Canta pintura necesitades para tapar as vosas conciencias?.

Comentarios

  1. E penoso certamente. No seu momento comenteillo a anterior concelleiro de servizos e a resposta foi clara non é competencia do concello.E ten razón desde un punto de vista técnico xa que, 1)A placa está nun ámbito privado (pertence á igrexa) e 2)a placa non foi posta polo concello, foi posta por particulares, en realidade por representanes de asociacións de recuperación da memoria histórica. Isto é certo pero igualmente penoso porque que lle supón ó concello limpar unha pintada tan pequena?ben pouco, nembargantes ánimo a todos os que o lean que lle escriban á nova concelleira de servizos, se a collemos despistada ó mellor cola, eu penso facelo. Por certo tes un blog excepcional, pena que a xente non participe mais, eu descubrinno hai pouco e realmente é moi necesario, noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. ola compañeiro!

    Intuía moitas das razóns que me aportas, aínda tamén hai que decir que este tipo de actuacións, fora de competencias, son bastante habituais nos concello para manter a imaxen pública.

    Tampouco esperaba unha resposta diferente dun concelleiro do anterior grupo de goberno, todo hai que decilo.

    Me parece unha boa iniciativa o de facer unha petición aos actuais, e si non respostan, igual que se puxo por iniciativa popular, tamén se pode limpar do mesmo xeito. Estaría ben acudir alí a sacarlle os colores á placa e a os políticos.
    Respecto á participación da xente, é moi difícil que un blogue deste tipo teña afluencia masiva, por contidos e por non non estar vinculado a ningunha asociación. Nembargantes últimamente estamos tendo cerca de catrocentas visitas reais ó mes, o que tampouco está mal. Eu pensaba que non ía a entrar ninguén, polo que non me queixo. Así podo actualizalo con máis calma, que tempo non teño moito.
    Saúdos e opaiiiii.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario