Irmandade co Cabanyal

Ola a todos de novo. Había tempo que non pasaba polo blogue, e isto se nota nas visitas. O traballo acaba con un, que diría o outro.

Neste tempo ocurriron bastantes cousas, e unha delas, a mellor, é que coñecín a xente do barrio do Cabanyal, en Valencia. A súa historia sonoume bastante familiar: Centos de persoas expropiadas e botadas das súas vivendas, nun barrio obreiro, para dar paso a unha grande avenida que "abrirá a cidade ó mar".

Ahhhh, que bonito, xa estou ulindo o aroma do salitre e das fanecas!. Como se ate o de agora estivese pechada cun candado na porta de seguridade con milleiros de policías militares custodiando o paso da cidadanía ó disfrute das ondas do mar!.

Por suposto, en todo isto nada ten que ver a especulación urbanística e o desexo de lucro infinito e rápido para os membros do réximen local e os seus achegados, para nada. Puro aperturismo marítimo-pesqueiro.

Como sempre por medio está a coacción dos políticos, que falando de "ben común", e de "grandes beneficios para a cidade", poñen en contra deles a cidadans ignorantes, cuxa única preocupación na vida é a da marca de pantalón coa que lucirán o palmito na próxima festa da revista Paparruchi Fair.

¿Qué se lle pode pedir a unha alcaldesa que confunde desenvolvemento humano con circuitos de velocidade e copa América?.

Despois de todo iso, Rita e os Ritipitiflaúticos a rezar unha misa en latín, catro avemarías e listos para outra falcatrúa.

Para os que non coñezades o barrio, podedes visitar www.cabanyal.com e veredes a beleza da súa arquitectura e o compromiso das súas xentes nun movemento veciñal sen precedentes do que podemos aprender un pouco.

O noso corazón está con eles
¡A loita continúa Cabanyal!

Comentarios