Que non se perdan as boas tradicións


Hoxe adiqueime ao case olímpico deporte de ir de tazas por Canido. A verdade é que xa case nin me acordaba.
Visitei o Rolen na rúa San Diego, renovado local con expléndido servizo. Pegueime un festín cos deliciosos callos que me puxeron nunha tapa que na Coruña sería ración, e ademáis polo morro. Logo subimos ao Clube Canido, de capa caída. Non lle está facendo ningún favor ao club a xente que o traballa. A sensación de falta de hixiene é total. Cero patatero. Pasamos á beira do que queda do "negro" para ir directos ao mellor local do barrio, o Rías Altas, ou como lle chamamos os máis vellos, o "Peque´s Pub" (évito explicar o porqué). Neste local rexentado por Geluca, dá gusto entrar e ver a Nando sempre de bo humor. Boas tapas e boa comida caseira.

Finalizamos a ruta no Tapas, un local de nova xeración con bos viños e deseño coidado. A súa dona, Ana, fixo unha fichaxe expléndido con Encarni. Simpática como poucas, enche ela soa o local. De primeira. Unha boa bodega cos mellores caldos, e sempre ten unha tapa variada que levarse á boca.

Quixemos finalizar na tortillería da Tafona pero estaba pechada. Outro día será.
Para casa como un Pepe. Non botei de menos ningún dos locais xa pechados do Cruceiro, só espero que alguén con bo saber os traballe como é debido, dos últimos que os levaron mellor non falar. Minto, botei un de menos, O Clavel, agora tenda de antigüidades, pero ó dos anos cincuenta e sesenta co vello Eugenio, sempre fiando ós máis necesitados olvidándose das súas propias necesidades. Canido sempre foi cuna de xente boa.
Estou rematando unha guía de ocio polo barrio. Pronto teredes noticias. Ou terei, porque vexo que non teño moito éxito con este blog. Desta non me fago millonario.

Comentarios

  1. Estimado Faustino V:
    primeiro felicitarte pola inciativa do BLOG... Canido merecíao, e xa verás que pouco a pouco irá tendo éxito, non o dubides... un pouco de paciencia e non te queixes tan cedo... eu xa cho teño nos favoritos, e pásome por él de cando en cando a ver que nos contas.
    Aunque non son de Canido, sí vivo no Ferroliño de toda a vida ¿nabes? e apoio ao 100% o de manter as boas tradicións, por Canido e por outros lados, como o de ir de viños na clasiquísima Rúa do Sol, que tantas veces teño percorrido tomando tazas, tapas,...

    ResponderEliminar
  2. Pois sabes que che digo, que quedas adoptado. Tes un blog que acomplexa. Confórmome con chegar a un 10% da túa creatividade.

    Pasas a formar parte da miña familia, escasa, pero familia a fin de contas.
    Un saúdo en un opaiiiiiii!.

    ResponderEliminar
  3. Na medidas nas que nos movemos en Canido si que tes éxito home. Eu te atopei un día polo google, pero un amigo da rúa Alegre que agora ten a desgraza de vivir na Coruña me chamou ao móbil para contarme emocionado que descubrira o teu blog e hoxe me decidín a comentar cando outro amigo da rúa Ínsua te meteu no seu del.icio.us e me relembrou o teu blog.

    Para os que temos a memoria corta pero un amor moi grande polo barrio o teu blog é unha delicia da que non podemos prescindir. Cada anotación, cada referencia a lugares e persoas que pensaba que esquecera me fan darme conta da sorte que temos os que nos criamos aquí.

    Cando volvín a Ferrol para quedarme, a miña parella me preguntou: ¿e onde queres que busquemos casa? En Canido, claro, lle dixen eu. E o meu fillo naceu aquí. O terceiro Xaime de Canido. E xa van cinco anos na rúa Alónso López. E a ver se poden ser moitos máis.

    ResponderEliminar
  4. Ola de novo Xaime,

    Eu tamén son recén retornado. A única condición que puxen para voltar era a de vivir no barrio de Canido, igual ca ti.
    Toda a xente que coñezo ten un vínculo especial co barrio. Eu non podo evitar decir alí onde me toca estar, que son de Canido, despois o resto.

    Non teño moito tempo para adicarlle, pero pouco a pouco aparecen bos amigos coma tí para darme ánimos para meter cousas.

    Saúdos e opaiiii!

    ResponderEliminar
  5. que nostalgia ver la foto de mis amigas de la infancia (algunas aún lo son) y yo incluida vestidas de gallegas no sabia ni que existía esa foto que bien estaba de aquella Milita. Descubrí este blog oyendo hablar a una vecina de mi misma edad, corri al ordenador a buscarlo y lleve una grata sorpresa.Soy de Canido desde que nací vivi un año en Narón pero quise volver a canido y aqui estoy. UN BESO A TODOS LOS DE CANIDO Y GRACIAS POR ESTE BLOG Y QUE SIGA VIVA LA IMAGEN DE QUININ (UN FENOMENO), DON GABRIEL (THE BEST), MI QUERIDO MANUEL CORREA, ETC...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario