Adeus barrio, adeus!.

Se non fose porque coñezo cada esquina do barrio, mirando esta foto pensaría que se atopa nunha paraxe como o Courel ou os Ancares.
Calquera que atopase esta foto nunha inmobiliaria pensaría na posibilidade de mercar unha desas casas tan "pintorescas" (perdón pola cursilería) para rehabilitala e vivir cunha tranquilidade olvidada polo ritmo de vida moderno.
Se este sitio se atopase en Asturias, Cantabria ou Euskalerria, tería un aspecto saudable e estaría perfectamente coidado. Nembargantes, isto que vedes aquí é unha imaxe do pasado no presente. As súas pedras seguen no mesmo sitio pero xa non existen. É historia. Triste historia.
Finalmente os veciños tivéronse que conformar coa miseria que lle ofreceu o Concello, que foi o triplo do que lle ofrecía "O neno xudeu", na súa etapa de alcalde. Pero que non nos esquezamos, é o triplo dunha miseria. Xa quixeramos calquera de nós mercar unha casa con parcela en pleno centro polos 40.000 ou 60.000 euros que se lles pagaron a algúns veciños.
Ao final o poderoso sempre gaña. A utilización abusiva da figura da expropiación para enriquecer a uns cantos é absolutamente ignominiosa. ¡Cando collóns teremos un goberno de esquerdas!. De momento non o tivemos nunca, salvo na etapa de Couce Pereiro. Menospreciado alcalde ao que os seus sucesores fixeron bo. ¡Quen o ía a dicir!


Comentarios