tag:blogger.com,1999:blog-62541767022370619192024-03-08T21:11:36.385+01:00Canido SostibleRecuperación da memoria histórica dun barrio combativoFaustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.comBlogger190125tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-18830194840287012112021-12-28T12:16:00.001+01:002022-03-08T21:44:16.116+01:00Libre albedrío (Parte I)
Levantouse disposto a preparar ese café só co que adquire gasolina suficiente para afrontar, cun mínimo de solvencia, as súas abundantes obrigas matutinas. O simple cheiro a tostado do torrefacto acende eses circuítos que manexan o seu estado de ánimo, ata o punto de facerlle cantar algunha melodía pegadiza con insinuantes movementos da súa cadeira recentemente operada.
Abriu a alacena, tomou o paquete de Cafés La Estrella entre as mans e enchufou nel, como cada día, o seu prominente nariz ata case tocar a primeira liña de grans do seu interior, inhalando con forza ese intenso aroma que lle permite lembrar, ata a última estrofa, desa canción de Ricky Martin que tanto repite.
Cando levaba a terceira aspiración foi consciente de que á súa mente non asomaba nin o “ Livin a Vida Tola” nin o “ Go, go, gol! Allez allez, allez” co que ameniza en cada almorzo á súa veciñanza. O seu nariz era incapaz de diferenciar o cheiro do interior da bolsa ao baleiro na que garda o café en gran e pensou que se deteriorara por algunha estraña razón que nese momento era incapaz de determinar. Non lle deu maior importancia. Probou con outro paquete dos que garda na súa despensa e a resposta da súa pituitaria foi a mesma: nin chisco de cheiro. Non lle deu máis importancia, sería unha partida mala que lle tocaría a el e que resolvería co seu tendeiro ao chegar pola tarde do traballo.
Foi ao asearse cando unha suor fría percorreu o seu corpo ao darse conta que non era capaz de distinguir o cheiro do seu xabón de manzanilla e nin sequera o pegadizo aroma do seu perfume Esencia de Loewe co que asolaga a súa estancia cada vez que fai uso del. Lera bastante respecto dos síntomas da COVID-19 que estaba a afectar con especial virulencia a súa cidade pero nunca imaxinou que podía ser un dos elixidos para tamaña calamidade.
Sentou no banco de listóns de madeira de piñeiro que ten no seu aseo, agarrou o crucifixo de pedra volcánica que lle trouxera o seu irmán de Tenerife e púxose a rezar con toda a súa forza a ese Deus que sempre estivera do seu lado imprimíndolle ánimo ante calquera adversidade. Así, sentado e medio encolleito, tirouse preto dunha hora ata que foi consciente da necesidade de avisar ao seu xefe da especial situación na que se atopaba e facer a chamada de rigor aos teléfonos especializados en atención a este tipo de pacientes.
Na súa empresa non se tomaron moi ben o asunto porque, sendo como era, unha empresa de servizos, a presenza dun traballador con tales síntomas implicaba a inmediata corentena de boa parte dos empregados e, previsiblemente, o peche temporal dalgún dos centros de traballo e, con iso, unha potencial catástrofe económica. Na súa comunicación con Luís, que así se chama o noso ilustre cafeteiro, non foron especialmente comprensivos e descargaron sobre el toda a carga da responsabilidade en relación co futuro dos traballadores e animáronlle a quedar caladiño en casa sen dicirlle nada a ninguén. Baixo a promesa de que lle seguirían pagando, instáronlle a quedar no seu domicilio á espera da remisión dos síntomas, e morra o conto.
Non quedou moi convencido da proposta, pero pensou nos seus compañeiros, nas súas familias e accedeu. Pareceulle boa idea, a fin de contas el era solteiro e desprazado, polo que ninguén se decataría da súa ausencua. Ademais, non gozar do seu café mañaneiro tampouco era un problema. A vida era máis, podería ler durante eses días, escoitar música ou escribir no seu blogue, que acababa de chegar ás 150 visitas únicas diarias o qur para el era case como gañar o Planeta.
Os dous primeiros días do seu confinamento foron relativamente tranquilos. Nada lle impedía poñer en práctica todas as súas afeccións coa normal limitación do espazo do seu piso, unha pequena bufarda de 50 m2. Polo demais, as compras en liña permitíanlle abastecerse de todo aquilo que precisaba, especialmente de víveres, dos que non gozaba especialmente das súas condicións organolépticas pero, polo menos, si das nutritivas.
Foi ao terceiro cando empezou a notar que a febre empezaba a subir e que a súa garganta tornouse acartonada. A tose e a falta de vida sumábanse así a unha listaxe de síntomas que ben podían sacarse dun folleto dos que repartían as autoridades sanitarias. A intranquilidade apoderouse do seu corpo e a súa mente, que non deixaba de encherse de imaxes de féretros e morte, como os que cada día presentábanse con toda crueza nos noticiarios.
Pensou nos seus compañeiros, pensou nas palabras cínicas pero convincentes que uns días atrás soltáselle o seu xefe, e aínda que pasóuselle pola cabeza en chamar ao teléfono de información, pensou que mellor esperar un pouco a ver se os síntomas íanse aliviando co paso das horas. Pero non foi así.
Despois unha breve cabezada espertouse cunha forte dor no peito e a respiración era case imposible. No seu estado febril conseguiu facerse co teléfono e marcar erráticamente ese maldito teléfono que o poñería en contacto cos servizos médicos. O seu estado non lle permitía xa discernir entre o bo ou o malo que a decisión podería causarlle aos intereses da súa empresa e definitivamente foi capaz de expresar con certa claridade o que lle pasaba, o suficiente como para que nun prazo duns dez minutos unha ambulancia medicalizada estivese a estacionar fronte ao seu portal. Timbraron á porta, abriu, e a imaxe borrosa do persoal médico ataviado dunha sorte de reviravolta de roupaxes e equipos de protección individual foi a última que lembrou ata que se espertou na UCI do CHUF corenta e sete días despois.
Explicáronlle minuciosamente todo o sufrimento que padecera, as intubaciones e demais tratamentos que lle procesaron e cos que, tras varias paradas, foran capaces de remontalo. Co asombro de quen escoita a historia dun avó imaxinativo, abriu os seus enormes ollos e deixouse levar.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-45348320322199633972021-02-22T23:56:00.009+01:002021-02-23T00:08:23.460+01:00Os novos Mapuches
Cando hai dez anos lía aquela noticia do País describindo a comunidade de "Os Mapuches" liderada por Domingo Seivane e Maru, que conseguiran unir a un nutrido grupo de persoas co obxectivo de darlle nova vida aos terreos agrícolas de Canido en estado de abandono, non me imaxinaba que nalgún momento esa historia ía retomarse coa forza que neste momento está a alcanzar.
Agora Domingo e Maru, por unhas razóns e outras, deixaron paso a diferentes propostas que están a empezar a florecer:
Durante 2020 foi a Cáritas parroquial de Santa Cruz coa Cáritas Diocesana quen inicia un proxecto de capacitación agrícola para 10 persoas utilizando para iso os terreos cedidos en precario polos herdeiros ideolóxicos de Domingo. Grazas a esa proposta, os terreos situados na zona do lavadoiro de Ínsua volveron ver como as leitugas en todas as súas variedades, os repolos, as coliflores, o coandro ou as nabizas invadían de novo parcelas que estaban destinadas ao absoluto abandono. Con ese proxecto pretendíase a creación dunha cooperativa de consumo responsable para dignificar a vida das familias, rompendo así a actual dependencia na obtención dos recursos básicos alimentarios necesarios para o seu día a día, dentro dun marco de produción ecolóxica.
Sen deixar de lado esa vía de recuperación de espazos do barrio, a Asociacion Veciñal consegue a cesión dun solar non edificado para a creación dun espazo destinado a horta urbana pero cunha característica que o fai especialmente singular: aglutinar a diversas entidades do educativo, como o Colexio San Rosendo, dos social, como a Cáritas de Santa Cruz de Canido, ao grupo Xeración e á Asociación Española Contra o Cancro, coa colaboración de Agroflor e a participación do Concello de Ferrol. Unha simbiose de obxectivos que o fai extremadamente sólido.
Poderiamos pensar que a idea dunha horta urbana non é algo novo, que xa existen máis experiencias polo mundo e, certamente, é así. Non ten nada novo, e esa é a gran novidade, porque a recuperación da memoria, do patrimonio, dos recursos consiste xusto niso, en fortalecer o noso futuro apontoado en todo aquilo do noso pasado e presente polo que merece a pena loitar.
Só unha comunidade con obxectivos comúns, interdependiente e aberta, que rompa os egoísmos propios que nos atenazan, é capaz de frear calquera proceso especulativo e de xentrificación que destrúa o noso ecosistema humano.
E creo que, como os Mapuches, temos que defendelo.
Faustino V
En homenaxe a Maru e Domingo pola súa herdanza
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-489278731893952872018-10-06T21:00:00.001+02:002018-10-06T21:28:41.289+02:00José Manuel Souto
responsable da Cáritas Parroquial de Santa Cruz e persoa absolutamente
comprometida coa causa dos empobrecidos e descartados da terra.
compañeiro, amigo e mestre, acudiu á chamada do
Señor sen ter abandonado nin un minuto a aqueles que son os seus predilectos,
aos que xa lles tiña entregada a súa vida.<o:p></o:p>
persoa que, como José Manuel, traballaba en silencio, nun segundo plano, sen
protagonismos. Sen que a súa man dereita coñecese o que facía á esquerda, porque
así, nestas condicións, resulta sempre unha narración moi limitada do seu
quefacer ao longo da súa vida.<o:p></o:p>
José Manuel era un dos últimos expoñentes dese
grupo de discípulos directos de Don Gabriel Vázquez Seijas daquela primeira
hora dos anos 60. Unha xeración responsable da construción dunha personalidade
propia para o barrio, transmitida de pais a fillos e destes aos netos, onde solidariedade,
irmandade e compromiso formaban parte do cotiá, da normalidade absoluta nas
relacións entre a veciñanza, case diría que da composición do código xenético
da nosa xente.
rápidas, puxo ás súas dotes como empresario ao servicio da parroquia e do
barrio en moitísimos ámbitos, participando na posta en marcha, xunto con
Gabriel, de iniciativas absolutamente rompedoras para a época, como as cooperativas
de vivendas de Santa Cruz ou o proxecto comunitario do Albergue de Esmelle,
polo que pasamos xeracións e xeracións de mozos que fomos quen de atoparnos coa
mirada do Señor no medio da mesta natureza.<o:p></o:p>
Tafona nas festas patronais de Santa Cruz, exemplo perfecto desa combinación de
espírito festeiro e solidario do noso barrio e do seu enorme enxeño para a
obtención de fondos para os máis necesitados polas vías máis insospeitadas.<o:p></o:p>
quen de disuadilo de deixar o traballo que o Señor lle encomendara a sabendas de
que non tiña xefes que se lle puideran morrer. <o:p></o:p>
era unha prioridade, pero o seu corazón sen límites permitía unha suma infinita
desas auténticas prioridades da vida que el sabía diferenciar perfectamente.<o:p></o:p>
que, incluso sen sabelo, traballan pola construción dun barrio mellor, dende
conviccións de fe ou sen elas, pero sempre coa herdanza inconmensurable de
xente que, como José Manuel, a deixaron gratuitamente no seu testemuño vital.<o:p></o:p>
descanso nos brazos do Señor coma ti, sabedor de que deixas un traballo ben
feito, un traballo ben digno<o:p></o:p>
Ata sempre compañeiro.Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-23845132493295886042018-09-25T23:45:00.002+02:002021-02-23T08:32:45.780+01:00Canido, de moda?
Contradecindo a miña primeira entrada deste blogue, non teño ningunha intención de ofender a ninguén, simplemente facer unha pregunta a modo de reflexión comunitaria.
Non deixo de ver e escoitar a todo o mundo o moito que está de moda Canido e seguramente é unha afirmación acertada: o barrio é máis aceptado neste intervalo temporal que noutros momentos históricos o que o posicionaría por riba doutros entornos do noso concello. A cidadanía, no seu conxunto, elexiría Canido como opción preferente fronte a outros barrios de Ferrol, e está claro que eso non pode ser malo, ou si?.
Fagamos comparacións e algo de memoria. Alguén se lembra da boneca repollo, do yoyó, do xogo das canicas, de Cobi, Naranjito (recuperado por Albert Rivera Q.E.D)....alguén?. Lémbrase alguén de cómo fervía Amboaxe, a rúa María, Sol...alguén?. Levarías quentadores nas pernas, pelo frito, purpurina...bótalle collóns anda.
As modas son eso pasaxeiras, como pasaxeiros son os artigos de usar e tirar, os restaurantes e cociñeiros estrela, os xuíces...todos de moda.
España estaba de moda dicían, o noso cine..de moda todos eles.
Cada vez que alguén fala de moda e o xunta coa palabra Canido non podo deixar de pensar no moi de moda que estaban outros sitios que se convertiron en eriales polo mesmo erro de poñer un lugar habitado por personas á altura dun tamagotchi.
É extremadamente delicado fomentar a idea de barrio de moda entre a cidadanía para tratar de facelo máis atractivo co enganoso dese tipo de mensaxe publicitaria, pois atraemos a un persoal que o mesmo viría a Canido que a Kuala Lumpur con tal de poder dicir "vivo en el barrio de moda, osea".
Se deixamos que esta idea prospere, veremos como para cubrir a demanda de vivenda e servicios teremos que crear oferta, e esa oferta pasará por un proceso de especulación que so está freando a nosa crise perenne, tal e como ocurriu na etapa negra de Juncal na que se botaron a veciñas e veciños do barrio a perra gorda o metro cuadrado.
Canido non é asimilable a ningún outro barrio molón doutra cidade española ou europea, ocupados todos eles por artistas de renombre e ricxs empresarixs, porque esto é un hábitat humano no que temos que protexer tanto ao entorno edificado como aos veciños que nel viven.
É crucial que cale en todos nós esta idea para non caer na tentación facilona de entregar o noso patrimonio nas máns da especulación, sin perxuicio de non perder o noso carácter acolledor e xeneroso con persoas de toda clase e condición.
Deixémonos de modas e caralladas e consolidemos un lugar privilexiado no que as persoas sexan o elemento central do barrio e os esforzos sexan para que podan permanecer nel tal e como fixeron ao longo dos séculos.
Canido Sostible
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-65207097165807546892018-09-25T23:31:00.000+02:002018-09-26T22:43:08.388+02:00Carreira lenta de bicicletas (para Gilberto)
O pasado domingo o barrio recuperaba aquela carreira lenta de bicicletas que, moitos anos atrás, formaba parte das actividades que se organizaban para a rapazada da miña quinta durante as festas patronais de Canido..
No momento de dar a saída veume de novo á cabeza o amigo Gilberto, que nese intre pasaba por un duro trance, e lembreino de cativo, participando naquela carreira na edición da nosa infancia na que, coas presas e improvisación, ninguén lle explicara as especiais normas desta competición de lentitude, arrancando coa súa bicicleta como un lóstrego no momento do pistoletazo de saída, deixando a todos os participantes por atrás dubidando entre frear o paso ou pisar o pedal ate rebentar. Pois hoxe pola mañá, como naquela ocasión, o amigo Gil, pisou o pedal da vida e arrancou de novo a todo trapo, deixándonos aos que o queríamos ben, coa mirada atónita do que non entende as razóns que moven este tipo de decisións divinas, aínda que as podamos respectar profundamente.
Gilberto forma parte xa das personalidades senlleiras do barrio. Dende pequeno mostrou unhas especiais dotes en tódalas artes. Debuxaba con frenesí e perfección e, a diferencia dos copistas baratos, creaba un imaxinario de personaxes e paisaxes para todos os compañeiros e amigos que, admirados, non entendiamos como man humana era quen de facer semellantes diabluras cun simple lapis.
Como actor e humorista era capaz de imitar á freguesía enteira, con independencia de xénero ou idade, de xeito que, imitación e orixinal, fusionábanse para a confusión de todos os presentes, que non sabíamos se esconder o cogote da colleja do parodiado ou rirnos a morrer con esa habilidade mimética de Gilberto e coa retaíla de chistes e historietas que improvisaba con cada palabra, xesto ou frase que puidese intercambiar co seu interlocutor.
Fotógrafo excepcional, gaiteiro, antropólogo membro da Sociedade Galega de Antropoloxía, ecoloxista, deportista.....e pai, grande pai. Papigil, que así se facía chamar no foro Canido Sostible e posteriormente nas redes sociais en referencia ao seu retoño, transmitiu ao seu fillo todo un universo de coñecemento sobre o patrimonio da nosa terra e o quefacer dos nosos antergos, viaxando sempre xuntos coa ansia de descubrir unha nova mámoa, petroglifo, igrexa, dolmen ou calquera resquicio da cultura castrexa esparexida pola nosa patria. Poucas herdanzas tan cuantiosas coma esa podía deixarlle ao seu fillo que a bo seguro prenderá dando grande froito..
Gilberto foi construtor de Canido Sostible, posiblemente o visitante máis activo, o máis querido sen desmerecer a ninguén. Un amigo que non faltou a ningunha cita como gaiteiro para amenizar o noso Toldo cando se lle pedía. Ese Toldo que representaba a esencia do Canido no que nos criamos, o de Gabriel, o do Abergue no que tantos veráns pasamos escoitando as súas historias nocturnas. O Canido correoso, solidario e sostible do que el foi arquitecto e albanel, membro dunha das sagas máis auténticas que encabezaba a aboa Purifica, da que sempre falabamos os dous e de como sería esa homenaxe que lle renderíamos neste blog.
Agora foste ao seu encontro e estache abrazando e dicindo con tenrura que como ves tan cedo á cea, que non había presa, que esta carreira tamén era lenta.
Apertas amigo.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-53783567980608431122017-11-20T16:10:00.003+01:002021-02-23T08:35:05.403+01:0010 anos de Canido Sostible
Hoxe Canido Sostible cumpre 10 anos dende que iniciou a súa andaina aló polo ano 2007. Moito cambiou o barrio dende aquela, moita xente nos deixou, patrimonio humano que forma parte xa do noso adn.
Comprenderedes que nacer o 20 de novembro ten un importante significado: o de recuperar a memoria roubada, pero tamén o de borrar da memoria esas datas que tanto nos remexen por dentro para darlles outro significado.
Por aquí pasaron e participaron moitas persoas das que non me quero esquecer, por eso non vou citar a nigún en especial, xa que todos o sodes.
Canido Sostible naceu con vocación de plataforma cidadá pero resultou ser máis que eso, resultou ser o barrio mesmo poñendo verbas ao seu descontento, á súa indignación e ao seu desexo de reivindicar un futuro mellor para os seus veciños.
Faustino V, este "don nadie", que quería pasar desapercibido para que outros Faustinos continuasen a súa traxectoria de xeito anónimo, non conseguiu convencer a ninguén e aquí está, dez anos despóis, sen poder xubilarse. Escribindo cada vez menos, pero sin ganas de deixalo.
Temos un bo futuro por diante, Canido está dando mostras de ser o barrio máis sostible, social, económica e casi diría ambientalmente. Non sei a responsabilidade deste blogue nesta historia, pero tampouco importa un carallo sabelo.
De modo que, a por outros dez anos máis
Apertas!!Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-76423167596287474612017-09-16T18:20:00.000+02:002017-09-16T21:38:22.565+02:00El Terrorismo del Paro
CARTAS AL DIRECTOR. LA VOZ DE GALICIA (21/8/1980)
Es sorprendentemente doloroso llegar de unas vacaciones y encontrarse de sopetón en la prensa y oír de cristianos de la propia comunidad la terrible noticia: «Nos despiden del trabajo: se habla de que cierran Fenya, Masa, Hispania, Piñón». Lo confieso: me quedé de piedra, anonadado. Yo no soy el despedido ni estoy en riesgo de paro, pero son unos hermanos míos sobre los que cuelga, como una sangrienta espada, esa terrible amenaza.
Pienso en los hermanos parados, y veo que nadie piensa en ese otro terrorismo del paro forzoso, que si no atenta directamente contra la vida, atenta, sí, contra los medios de subsistencia de esa misma vida.
Me diréis que es odiosa la comparación. Me diréis que el paro es un fenómeno socio - económico muy complejo. No lo dudo. Pero, a ver quién me da argumentos convincentes de que ganar para vivir no tiene relación con el vivir.
Debe ser espeluznante apretar el gatillo para disparar contra un hombre. Debe ser espantoso firmar fríamente el cierre de una fábrica y dejar en la calle a unados o cien personas.
La crisis económica, la falta de créditos, la competitividad de los mercados y todos el resto del engranaje de la economía son como los síntomas de la enfermedad de un paciente. Pues, bien, con un enfermo se intentan todos los medios para que se cure y no muera. ¿Acaso cuando se trata de la enfermedad social de una empresa en crisis lo enfrentamos igual para evitar su desmantelamiento y cierre? ¿Basta para tranquilizar la concíenca acogerse a las leyes vigentes? ¿O habrá que intentarlo todo, con el sacrificio de todos?
Los sectores pudientes no acaban de darse cuenta de que ya llegó la hora de poner punto final a sus ganancias exageradas, al fin del despilfarro, a no ver más que las leyes del mercado y no al hombre, a poner fin a sus manipulaciones del poder político. Más de una solución surgiría si se suprimiesen estas premisas.
Yo no sé si digo insensateces. Pero ese hombre es un hermano, el mismo Jesús en ese trance. Yo no sé si sentís vosotros un temible dolor y una indómita rebeldía. Yo sé que debe hacer algo. No soy economista, ni político, ni sindicalista. Pero, hermanos obreros y hermanos patronos, dialogad, reñid, lo que queráis, pero no cerréis las fábricas. Yo no sé qué deciros. Sólo que mis vacaciones se han aguado, porque unos hermanos míos están al borde de unas vacaciones, pero esto sí, terribles y destructoras.
Gabriel Vázquez
Seijas, párroco de Canido (Ferrol).
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-60915473108785778942017-09-07T12:21:00.001+02:002017-09-07T18:41:56.138+02:00Meninas de Canido 2017
Creeo que xa escribín suficientemente do tema por outras vías do mundo virtual, pero quería deixar constancia, neste meu blogue, para a posteridade, o que ao meu xuízo implican as Meninas de Canido e, á súa vez, o que implica e supoñen os procesos de oposición máis ou menos velados ou directamente contrarios ás mesmas.
Este ano 2017, Canido Sostible cumpre 10 anos do inicio da súa andaina un 20 de novembro de 2007. A razón fundamental da creación deste blogue, hoxe semi esquecido, foi precisamente tentar facer rexurdir o espírito de barrio que eu atopei un pouco apagado despois de case 12 anos vivindo fóra de Ferrol, así como contra uns movementos especulativos que o goberno do daniño Juncal estaba a poñer en marcha para que os seus amigos construtores fixesen negocio a conta do modo de vida dos nosos veciños máis empobrecidos. O exemplo máis claro de todo iso foi a rúa de Ínsua e conxunto de edificacións que foron derruidas, incluída a ténda bar que fora de Fe, onde vivían veciños dunha economía precaria aos que se quería mercar con indemnizacións ridículas.
A situación do barrio era desastrosa en canto a estado de conservación, debido ao escaso valor que se lle outorgaba á nosa arqutectura popular e á nosa contorna semirural, que mesmo era obxecto de burlas por parte de algúns que hoxe igual ate terracean no Cruceiro.
Canido Sostible quixo poñer en valor esa estrutura física de barrio, pero tamén a estrutura social que frouxeaba debido a unha asociación de veciños que miraba máis polos seus problemas que polos do conxunto dos seus veciños, do que fun testemuña durante a miña colaboración nos orzamentos participativos de Irisarri, e pola perda desa identidade labrada a lume por persoas que, da man de Gabriel Vázquez Seijas (Don Gabriel), crearan unha rede de participación, solidaridade e apoio mútuo desde a nada, que era necesario resucitar. Aí aparecen no blogue algunh@s representantes aos que fun mencionando e aos que lles quero recoñecer o seu traballo, como Reme, Araceli, José Manuel Souto, Correa, Anxo Brea, Merceditas, Qunín, Purifica.....etc etc etc etc (cada un que poña a quen considere).
Un non é Deus, nin nada semellante, só ten a capacidade que ten e é a de manter a memoria viva do barrio para que outros, máis hábiles co seu impulso desen o paso neccesario. Nese grupo de persoas, de nova fornada, podemos destacar actualmente a figura de Eduardo Hermida e a dos seu irmáns, pero non porque non haxa que reivindicar a máis persoas que traballan polo barrio, como todo o equipo de voluntariado da parroquia, os scouts, os que se implicaron coa nova e brillante AVV, os que apostaron por montar o seu negocio no barrio, que tentan sacar adiante as asociacións deportivas locais, quen participa discretamente con apoio económico ou moral..., en fin moita xente, pero volvo centrarme en Eduardo, e vouno a explicar.
En febreiro de 2008, cando as meninas formaban parte do mundo das ideas, é dicir, non existían máis que no imaxinario de Eduardo, eu escribinlle un artigo destacando a súa faceta artística, que a min parecíame non suficientemente recoñecida no seu propio barrio. Foi unha premonición do que logo viría converterse na revolución das meninas.
Pero a onde quero chegar, pois moi sinxelo, que botando a vista atrás a dez anos de barrio, moitas das cuestións que se denunciaban foron afrontadas por unha dobre vía, a institucional, cun investimento cuantioso con fondos do Plan Urban que non tería sentido sen a vía popular de reivindicación da nosa identidade como barrio mediante unha idea que ao cabo se demostrou brillante, as Meninas de Canido, capaz de sacar lustre a nosas engurras e mostrar a parte máis bela do noso ser a aqueles que, desde fóra, non eran capaces de vela. E conseguiuse.
Hoxe o barrio non é o de Alicia no País das Marabillas, tampouco hai que pasarse de optimista, pero é un barrio atractivo para todo o mundo e o mellor de todo é que aínda está ao alcance dos nosos veciños para que poidan quedar nel. Este é o punto crave do éxito futuro do proxecto: unha oferta atractiva para que outros poidan vir a vivir aquí que non choque co desexo dos de aquí a seguir vivindo e mesmo gañarse a vida no propio barrio, creando unha economía de proximidade totalmente sustentable. Hai que fuxir das modas, porque o quen vén só pola moda non interesa, é pan para hoxe e fame para mañá. Hai que consolidar as estruturas humanas e asociativas, máis aló da AVV, como hoxe sucede coa agrupación cultural Muiño do Vento. Esa é a vía.
As meninas 2017 foron un evento do que estar orgullosos. Se por calquera circunstancia tes unha opinión diferente debes replantexala e analizala obxectivamente deixando de lado cuestiones persoais. Só desa maneira podes entender a magnitude desta actuación aínda que podamos coincidir en que todo é mellorable e cada ano haxa que avanzar e corrixir erros.
Este blogue foi parte do escapate da primeira edición, as miñas fotos precarias daquelas actuacións na Tafona e das primeiras pnturas tiveron un seguimento brutal, nembargantes hoxe son reportaxes en televisións e prensa de todo o mundo quen lle dá cobertura. É sinceiramente para sentirse orgulloso.
Pois finalizo dando ánimo para seguir traballando pola base, por facer crecer o movemento asociativo local: Ecoloxismo, precariedade laboral, economia social etc etc, son propostas que lanzo ao aire e para as que este blogue e este prea que escrebe está á vosa disposición como sempre, sabendo que entre os nosos veciños existe un potencial extraordinario que esta dando o seus froitos.
Unha aperta e que Canido camiñe cara á sustentabilidade da man dunha Menina.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-30122128109114324502017-05-14T02:44:00.002+02:002017-05-27T21:27:45.251+02:00A Misión
Cando vemos as imaxes de Robert de Niro subindo polas cataratas de Iguazú cargado con aquelas armas que quería deixar atrás, en sinal de penitencia, para iniciar esa nova vida na misión que os Xesuitas tiñan cos indios guaraníes, un pode supoñer de xeito aproximado o que puido ocorrer hai moitos anos polas terras de Canido.
Lembrábase con motivo do 50 aniversario da parroquia de Santa Cruz que o día 4 de agosto de 1964 o bispo Jacinto Argaya asinaba o decreto de erección dunha nova parroquia na cidade de Ferrol á que lle chamaría Santa Cruz de Canido. Así o facía. "por consideración a Canido, onde as Festas de Maio tanto entusiasmo espertan", explicaba o prelado a través da carta de presentación do novo ente parroquial aos veciños. Xa daquela as festas da Cruz de Maio eran motivo de grande alegría para a veciñanza.
Nese acto de inauguración da parroquia celebrado no Cruceiro, que ilustramos na foto de arriba, aparece sentada unha muller escoitando os discursos que precederían ao seu e preto dela o obispo e máis un párroco moi novo chamado Gabriel, que como Jeremy Irons acudía a unha misión complexa, a de evanxelizar un barrio formado por traballadores pobres e non precisamente amantes do clero en boa medida. Esa muller foi tamén a primeira persoa do barrio á que Don Gabriel comunicoulle o seu nomeamento como párroco.
Sin embargo, a historia da misión evanxelizadora no barrio non empeza coa parroquia de Santa Cruz nin con Don Gabriel, aínda que éste foi o seu maior exponente, empeza coa presenza dos Mercedarios a partires do ano 1932, lembrándonos dalgún deles, como o Pai Peláez, o Pai Puga, que posteriormente foi para Cuba, o Pai Carrera ou o Pai Emilio.
Nunha primeira etapa, a función dos Mercedarios foi a da preparación á primeira comuñón. Esta foto coa que ilustro é precisamente dese catecismo, primeiro xermen do que posteriormente sería a primeira capela do barrio, na zona de Alonso López, fundada polo Pai Emilo gracias á colaboración de todos os veciños, moi pobres moitos deles, que vían así a posibilidade de non ter que acudir fora do barrio á misa dominical. A súa ubicación era a da casa que aparece na foto de abaixo.
Nesa colecta para a nova capela, así como para o mantemento do catecismo nas súas orixes, estaba a muller dese discurso inaugural do que falabamos, pero moito máis pequena, que contounos como no Corral do Chapón unha muller moi humilde, que solo tiña por capital dúas pesetas, sin que ninguén llo pedise soltou unha delas para que puidese facerse realidade o seu soño dunha capela no barrio, como a viúva aquela da pasaxe evanxélica. Así foi sempre de xenerosa a nosa xente.
Aquel catecismo durou ate a chegada do novo párroco, pero moitos dos que hoxe son xa homes talluditos acudiron ao catecismo do Pai Peláez que facía como Robin Hood, sorteando entre os rapaces maís pobres do barrio os xoguetes que lles requisaba aos máis ricos do Tirso, onde impartía a docencia, e si somos sinceros, favorecendo un pouco que os fillos da muller do discurso se levasen moitos deles. Era o simpático xeito de amosarlle o grande aprecio que lle tiña á súa antiga catecúmena e grande colaboradora.
Así foi, máis ou menos, a historia da Misión guaraní de Canido, e así somos os fillos deste barrio na beira do Orinoco da Ínsua.
E así somos tamén os fillos desa muller chamada Patro que tanto contribui a que esta parroquia nacera e crecera e que reivindica unha homenaxe a aqueles pioneiros, os Mercedarios, que eu fago ao meu xeito dende este humilde blogue.
Mañá máis.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-51457876230470269002017-05-07T23:30:00.004+02:002017-05-07T23:57:23.797+02:00Barrio
Poucas veces sentín tan cerca ao barrio, e non porque antes o vise de lonxe, senon porque as xornadas festeiras deste ano culminaron do mellor xeito posible: cunha irmandade con centro na Tafona e co radio do tamaño de todo o perímetro canidiense.
Nomear a xente creo que é innecesario, porque os que somos do barrio de nacemento e de corazón sabemos perfectamente a extraordinaria laboura coa que cada ano nos agasallan os grandes puntales como José Manuel Souto e os que xa levan anos collendo o testigo como Toni Hermida, Alberto, Gilberto, os rapaces do Grupo Scout Vasco da Ponte, Pedro e moit@s outr@s, dos que a nosa Reme estaría máis que orgullosa. Gracias tamén a todo os negocios do barrio que axudan a unha maior cohesión, do primeiro ao último.
Pero permitídeme que hoxe lembre a miña querida nai, a Patro, que voltou ao Toldo despois duns cantos anos co depósito casi baleiro e foi con el cheo de felicidade por atoparse con tanta xente tan querida para ela. Non podemos esquecer que ela foi quen deu o discurso inaugural da parroquia, aló polo ano 1964. Casi nada. Non hai prezo que pague semellante agasallo para o día da nai que tamén é o día do orgullo filial.
Grandes festas patrimonio de todo o barrio pero festas que deben ir máis aló de modas, porque éstas son efímeras e a tradición é a que perdura no tempo. Amamos aos maios pero éstos son solo un precioso ingrediente non o plato completo. Éste chámase Festas de Santa Cruz, ás que nunca renunciarei, e que me disculpen aqueles e aquelas que se sintan molest@s, pero entenderedes que é difícil renunciar ao noso ADN.
Apertas a tod@s!!
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-60483276520314795822017-05-03T21:58:00.001+02:002021-02-23T08:36:30.481+01:00Algo de historia a propósito do patrón
Sin ánimo de facer de historiador, cousa que nunca pretendín, imos publicar un deses documentos que alguén nalgún momento compartiu xenerosamente e que eu gardo no cada vez máis grande arquivo de Canido Sostible.
As orixes do cruceiro e a data do 3 de maio, a do noso patrón, se repite como momento crucial no que nos anos 1120 e 1387 érguense os primeiros cruceiros en Canido. Casi nada.
Sirva esto para insistir na necesidade de manter vivas as tradicións e devolver a centralidade a quen lle corresponde o que non é nin nunca foi, máis ben o contrario, incompatible coa de outorgarlle o protagonismo que merecen os Maios.
E por suposto, totalmente compatible cunha laicidad sana e respetuosa co conxunto da veciñanza.
Apertas
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-8463126839908843072017-05-01T19:07:00.002+02:002017-05-01T19:09:24.530+02:00Lolo Correa
Lolo, naceu o ano 1937 en Balón, Doniños. No ano 1955 vén vivir ao barrio de Canido sendo traballador da Empresa Nacional Bazán.
Aos 30 anos casa con Carmen Rivas Arriví e é pai de tres fillos, Macamen, Juan e Pili.
Un accidente laboral marcou a súa vida. Unha caída duns 20 metros, durante a cal tivo tempo de implorar axuda á Virxe, da que sobreviviu.
A experiencia do sufrimento sitúao en posición privilexiada para o seu encontro co Señor e tivo a habilidade de deixarse seducir, entregándose desde aquel momento en corpo e alma á súa causa, a causa dos mais empobrecidos na Parroquia de Santa Cruz de Canido en 1969, da man de Don Gabriel, que xunto á súa muller foi o seu mestre.
Foi o inicio dunha Cáritas parroquial avanzada e modélica en sentido de xustiza e caridade.
Fixo do mundo da pobreza unha gran Eucaristía, acollendo a todos os desherdados co mesmo amor que Xesucristo vivo depositara sobre el.
Home de barrio, audaz, comprometido, valente, capaz de conseguir adeptos ás súas causa, a causa de Xesús pobre. Sinxelo, capaz de chegar e resolver problemas con rapidez.
Soubo aceptar a enfermidade que lle tocou vivir de forma resignada e consciente, foi unha graza de Deus. Deunos exemplo de enteireza e serenidade.
Foi a semblanza do noso querido amigo Lolo Correa, verdadeiro "pan do pobre" e testemuño de Xesús no medio da xente.
Resumo da biografía de Lolo Correa no libro "Testigos de la Fe en la Diócesis de Mondoñedo Ferrol"
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-91391804269528399352017-04-27T23:40:00.003+02:002017-04-27T23:40:38.517+02:00Toldo da Tafona 2017
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-15094188056931311762017-04-27T19:40:00.002+02:002017-04-27T19:42:14.678+02:00Canido en maio
Remexendo polo ordenador atopei un texto breve escrito hai tempo dun tirón e que agora recupero para o blogue neste noso mes de maio de patrón:
Canido é unha flor que cando chega o mes de maio nos agasalla cunha gran variedade dos seus mellores pétalos: Pétalos de foliada, de cantigas de taberna e cultura popular, pero tamén vigorosos pétalos de veciñanza solidaria e comprometida que contaxian un profundo sentimento de pertenza a un lugar inigualable.
Por iso desde tempos antigos, coa chegada das nosas festas patronais, as flores toman o protagonismo para encher de cores as nosas rúas, esquinas e prazas, materializando así, en forma de maios, todo aquilo que fomos, somos e seguiremos sendo grazas á xente que coma ti constrúe cada día a nosa identidade de barrio.
A escomezar coa festa.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-15515310889432546902017-04-23T23:41:00.002+02:002017-04-23T23:48:27.671+02:00Festas de Santa Cruz 2017
Ningún momento millor que as festas de Canido para retomar o noso blogue de barrio. Este ano con nova e ilusionada directiva na AVV.
Como sempre no cumio o Toldo, que voltará para lembrarnos que a saída da crise somentes está na imaxinación dos incautos e por eso este barrio de xente solidaria estará aí para botar unha man a quen máis o necesita.
E como cada ano un apunte sobre os que rebautizaron unha tradición: estamos en tempos de maios pero da Santa Cruz de maio, a nosa patrona. Espero que o próximo ano voltemos ás orixes, e se a alguén lle da alerxia o tema da Cruz, que vaia a mirarse ao médico. É de jratís.
Apertas
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-8699926946100270442016-04-27T15:15:00.005+02:002016-04-27T15:16:37.630+02:00Toldo 2016 ¿para qué máis?
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-1869584706117424052016-04-19T00:11:00.002+02:002016-04-19T16:26:55.399+02:00Atoparse na fronteira
Canido [18/04/2016] Estas últimas semanas foron especialmente duras en canto a traballo e compromisos. A sensación de que ás veces non eres capaz de abarcar o suficiente para apretar o necesario non é boa, pero lévase peor cando te sintes incapaz de traspasar a barreira do entendemento dos teus interlocutores, fundamentalmente por falta de habilidade persoal.
Nunca é doado conseguir que propostas con certo grado de audacia e risco sexan acollidas de primeiras con agrado. Dicía un compañeiro que os profetas (non me estou referindo a min) entendense co paso do tempo, por eso hai que atender primeiro aos que falan a linguaxe dos homes. Non lle quito razón, pero para que se entendan as súas profecías co paso do tempo éstas teñen que ser ditas con anterioridade.
No caso da Igrexa, estas propostas novidosas son todavía máis complexas, porque vivimos nun momento onde facemos bastante evanxelización de mantenimiento, fundamentalmente para que os poucos fieles que quedan non escapen, pero non nos implicamos tanto naquela que busca a verdadeira misión, é dicir, a que se fai presente no mundo real, aquel onde se atopan as causas que orixinan os problemas de desigualdade desta sociedade. Ésta é xustamente a definición de Caridade Política: aquela que non somentes soluciona os problemas inmediatos dos que son o elemento central do Evanxeo, os pobres, senon que trata de eliminar as fontes desas desigualdades, loitando contra todo tipo de estructuras de pecado que tratan de desprazar do centro á persoa para convertila e mera mercadoría.
É precisamente o traballo nesa fronteira entre Igrexa e sociedade o máis complexo, o que poucos queren, porque estás exposto aos paos por parte de todos aqueles que ven no cristianismo a un inimigo ao que combatir pero tamén a algúns compañeiros na fe, que te ven con certa desconfianza polos teus posicionamentos. En definitiva: meapilas para uns, comunista para outros.
A pesares destas dificultades, a supervivencia das comunidades parroquiais pasa por propostas imaxinativas que sexan capaces de transmitir que a Igrexa é un elemento a sumar, capaz de estar coa sociedade nos momentos difíciles ofrecendo receitas para a solución dos problemas que máis nos acucian, como os de tipo ecolóxico, económico, político ou social, e para eso é moi importante dar a coñecer o que foi o segredo mellor gardado dos sectores máis conservadores da Igrexa, a Doutrina Social, na que desgraciadamente nunca creron.
Un exemplo, cando o drama dos refuxiados chama ás nosas portas, non hai que deixar ningún xénero de dúbidas ás denuncias sobre a súa situación, en definitiva a Igrexa non pode mostrar grietas nese sentido. O propio Papa Francisco dixo que non é cristiano pechar ás fronteiras, esas nas que él mismo se atopa e nas que se move con soltura, a sabendas de que é alí onde se pide que a Igrexa se faga presente.
Criticar a quen está do lado dos máis débiles, sexan estos inmigrantes, refuxiados ou clase obreira e traballadora empobrecida en xeral, para logo xustificar sen ningún pudor a existencia de fortunas de 60.000 millóns de euros non pode considerarse cristiano. Eu alomenos penso que non.
É por iso que eu tamén estarei nas fronteiras e periferias da Igrexa toda a miña vida. Ese é o meu lugar.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-43390245542659846302015-03-21T00:53:00.002+01:002021-02-25T01:12:07.282+01:00Retorno a Insua (Parte I)
O sacerdote fregaba lentamente o cáliz co purificador polo mesmo bordo que segundos antes utilizara para beber a mestura consagrada de viño doce e auga, cuns movementos a esquerda a dereita que lle devolvían ese intenso brillo dourado co que podía ver reflectida, con total claridade, a súa face algo deformada polo efecto da curvatura da copa.
Apenas concluíra esta tarefa case automática, un forte golpe na porta de aluminio e cristal da capela sobresaltoulle o suficiente para, nun xesto reflexo, levarse rapidamente a man ao peito e apretarse coas xemas dos dedos as costelas á altura do esterno, intentando deste xeito calmar o acelerado ritmo que collera o seu maltreito corazón.
Ao subir a mirada observou, na contraluz da porta semiaberta, a silueta do que parecía ser un home, non moi alto pero ancho de ombros, cunha lixeira caída cara ao seu lado esquerdo que resaltaba ese aspecto canso co que accedeu ao recinto. O silencio da estanza viuse alterado polo chío da sola dos seus zapatos contra o chan de terrazo e a súa respiración forte e entrecortada.
A pesares do extraordinario da situación, ninguén dixo nada, ninguén fixo máis movemento que para mirar de esguello aquela figura curvada que, paso a paso, se achegaba máis e máis ao altar no que Don Manoel, que así se chamaba na honra do seu abó morto na guerra, celebraba esa misa Dominical que o cambiaría para sempre.
Os segundos semellaron horas e, aínda que moi torpemente, o estraño conseguiu finalmente subir o chanzo da tarima sobre a que se atopaba, case conxelado pola situación, o xoven párroco, ao que colleu polo brazo para, entre balbucidos, dicirlle:
-Pai, necesito confesión-
Unha pegada de sangue quedou marcada sobre a branquísima casula cando Don Manoel separoulle a man para poder agarralo con forza antes de que se derrubase. Mentres premía o peito daquel moribundo con intención de recuperar ese último sopro de vida que aínda parecía quedarlle, non podía deixar de ver nel a alguén que lle resultaba moi familiar.
O sangue facíase máis evidente agora no costado daquel mozo, que empurrado polos golpes cada vez máis desesperados de Don Manoel, abría de novo aqueles ollos negros que por fin conseguiron acender unha chama naquela esquina perdida da memoria do cura, que exclamou:
-Aquilino, es ti, responde, es ti por Deus?.
Na capela fíxose de novo un profundo silencio. Todos se miraban crendo saber a quen se estaba referindo, a pesares de que a lóxica impedíalles atopar o máis mínimo indicio de verosimilitude naquela afirmación.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-26841901721855242472015-03-15T22:43:00.000+01:002015-03-17T15:55:48.990+01:00Pablo "Cuchara"
Canido [15/03/2015]
Hoxe apareceu morto na súa casa o decano dos nosos bandidos de lenda, Pablo Cuchara, despois de deixar atrás o seu pai, nai e irmán José, que lle precederon no camiño ao alén.
Un auténtico misterio o do seu aguante. Un físico propio dun campión olímpico, que probou os límites da resistencia non con maratóns seguidos de carreiras a pé e natación, como os ironman, senón con todo tipo de tóxicos, levándoo ate os seus cincuenta e pico anos a unha situación que en condicións normais debería de ter rematado hai décadas.
A bendita da súa nai padeceu a súa mala cabeza, pero agora seguro que o está a recibir cos brazos abertos, perdoándolle todas as súas loucuras.
É curioso, pero o meu irmán sempre dicía que con 18 anos Pablo era o formal do grupo ao que a puta droga transformou nun exemplo moi pouco recomendable para os rapaces, pero con esa auréola de mito ao estilo "El Vaquilla" ou "El Torete".
Adeus Pablo, creo que no teu caso non estarei moi errado se digo que pasas a mellor vida.
Estou seguro que si.
Hoxe Canido é un pouco máis pijo.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-75399956612225889512015-03-11T23:50:00.001+01:002015-03-15T22:20:00.589+01:00Aclaracións
Canido [08/03/2015]
Non é habitual que faga isto, pero despois dunha conversa informal cun veciño, pareceume oportuno realizar certas aclaracións sobre os últimos artigos que aparecen neste blog.
En primeiro lugar unha cuestión de orde en relación co cambio de plantilla que realicei recentemente na páxina -e que terei que desfacer- que fixo desaparecer as datas de publicación dos artigos, imposibilitando determinar o momento exacto en que saen á luz, o que está creando bastante confusión nos lectores.
Así creo que debeu pasar co artigo titulado "Que é a Igrexa?", que pese a ter sido publicado hai un ano, a algunha xente pareceulle recente, e que se volvía a insistir no tratado na entrada titulada "Toldo da Tafona e Festas de Canido", escrita a petición dun dos organizadores do devandito evento tamén o ano pasado.
Concretamente "Que é a Igrexa?" foi escrito como contestación a un dos comentarios que realiza un usuario anónimo en relación ao titulado "Toldo da Tafona...", que viña a dicir o seguinte:
“Moi bo artigo. Penso que é difícil o equilibrio entre a evolución e as tradicións e moito mais entre a igrexa e o progreso. Creo que a igrexa é culpable de moitos dos males do mundo, e tamén de Canido. Se non estou equivocado o albergue de Esmelle, que fixeron os veciños de Canido co seu traballo e diñeiro, agora mesmo é do obispado que se apropiou del, fai uns anos, de forma cando menos dubidosa. Así que visto dende outro punto de vista o recadado nas tapas da tafona vai ir directamente ó peto a da igrexa, una asociación multimillonaria.
Outro galo cantaría se os curas fosen todos como don Gabriel, que poñía a humanidade e o sentimento social de barrio por riba da igrexa, e xente como a nomeada e xenial Reme e tantas outras tan involucradas na parroquia, que facían do barrio esa unidade social que tan necesaria sería agora.
Creo que é necesario ir eliminando á igrexa dos estamentos, pero isto non xustifica que non se respeten as crenzas e as tradicións de moitísima xente do barrio. O dito un equilibrio difícil”
O plantexamento feito dende a diferencia, pero dende o máximo respeto, pareceume moi interesante, sobre todo polo debate que xeraba, escribindo un artigo como contestación que saíu dun tirón, sen corrección algunha, no que en ton de catequese de taberna intentei dar o meu punto de vista sobre aquelas cuestións importantes que se poñían enriba da mesa, dando por sentado que se lera previamente a réplica arriba sinalada. A realidade é que iso non debeu acontecer en todos os casos, levando a algunha xente a unha interpretación xustamente contraria á pretendida.
Un par de exemplos que ilustran perfectamente esta confusión. Na parte que fago referencia á primeira das cuestións plantexadas na réplica, en concreto cando se fala dos "danos xerados pola igrexa no mundo... ", de xeito incomprensible, parece que se interpretaba que son eu quen opina tal cousa. Está claro que só se pode crer iso se non se leu nunca Canido Sostible, pero na medida que poida quedar a máis mínima dúbida sobre o tema, aquí queda esta aclaración.
Outro dos temas dos que me falaba era o do albergue de Canido, un lugar que todos consideramos un pouco noso polo moito que marcou as nosas vidas, un lugar que xera en todos nós un impulso natural e espontáneo na promoción de iniciativas para devolverlle o seu vello lustre, pero que lonxe de pretenderse á marxe dos seus lexítimos propietarios e xestores, hai que entendelas dende a boa vontade da xente, como auténtica semente dunha comunidade parroquial na que todos, independentemente do seu xeito de pensar, se sintan acollidos.
Canido Sostible, como plataforma aberta que é, foi e seguirá sendo altavoz destas propostas, porque entende que é fundamental canalizar estas forzas positivas. Por iso no artigo insisto na necesidade de fomentar o compromiso na xestión parroquial, porque é fundamental concretar esa boa vontade traballando e asumindo responsabilidades no eido baixo cuxa custodia se atopa o albergue que é a parroquia, igual que esta, pola súa banda, debe estar aberta á sempre necesaria participación dos veciños de toda clase e condición, como estou convencido que está, conscientes que a realidade actual é moi diferente á de 30 anos en relación coas esixencias legais dunha edificación destas características.
Por último e relacionado co anterior está o apartado final no que falo do destino dos fondos que se entregan á Igrexa, que sempre xera polémica.
Sabemos que tradicionalmente o destino do Toldo da Tafona é a Cáritas parroquial é dicir, os máis empobrecidos do barrio, así naceu e seguiu durante moitos anos. Hai 15 artigos neste blogue que falan do Toldo e o seu papel solidario e non son poucos os artigos que lle adico a necesidade de doar parte dos nosos cartos a esta institución parroquial, especialmente na colecta do Nadal. Os empobrecidos deben ser sempre a nosa opción preferente e por iso eu non teño dúbida que si hai un destino ideal dos fondos, ese é Cáritas parroquial.
Non obstante, esta opinión xa manifestada no seu momento, non é incompatible con opinións noutra dirección, e non podo máis que amosar o meu absoluto apoio, respeto e agradecemento por quen decidiu doar parte do seu tempo e traballo en organizar o Toldo o ano pasado, igual que o fixen anos anteriores e farei nos sucesivos, aínda que se opte por outras alternativas loables. Ao final todo se reduce a unha cuestión de pura contabilidade.
No artigo o explico de xeito un pouco bardallas, a partir da definición de "asociación multimillonaria" que se utiliza para a Igrexa, cunha serie de exemplos que utilizo para caricaturizar moitos dos comentarios sobre o destino desas doazóns.
Pero por aquelo de "excusatio non petita, accusatio manifiesta" non quería dar tanta explicación, e moito menos máis longa que o propio artigo, máis que nada porque me parecen obviedades para quen me coñece un pouco, pero tampouco quero xerar un conflito innecesario.
A miña defensa das parroquias como entes aglutinadores do espírito de barrio e como dinamizadores da conciencia social é constante, aínda que non nos quede máis remedio que admitir os lóxicos altibaixos (máis baixos que altos) comúns á práctica totalidade destas comunidades. Non admitir isto sería como crer estar vivindo como Alicia no país das meninas.
Dende a orixe do blogue reivindiquei a figura de Don Gabriel (podería telo feito do Gran Hermano ou de Sálvame Deluxe) e de todas aquelas persoas que traballaron e traballan polo barrio dende posicións de fe ou dende o agnosticismo, para min todas parroquia, que deben ser referencias para para os que hoxe se atopan afastados, obxectivo tamén preferente deste blog, aos que se dirixe coa ilusión case infantil de poder espertar a súa conciencia comunitaria fondamente arraigada neles.
Moitas veces falo desa falta de espírito comunitario referíndome a min mesmo, á miña xeración e posteriores, que desaproveitamos eses testemuños vivos, chegando mesmo a adoitar posicións de belixerancia con aqueles que construíron o que hoxe disfrutamos, coñecedor de que existe unha chama viva nas dúas parroquias do barrio á que constantemente fago alusión en decenas das entradas que poboan esta historieta chamada Canido Sostible. Nunca fun quen de ver as pallas nos ollos dos demais, consciente das vigas que enchen os meus.
Por elo, aínda que ninguén me pediu tal cousa e sen que sirva de precedente, por primeira e última vez, realicei algúns cambios no artigo para que sexa entendido por si mesmo, sen necesidade de acudir a outros textos, pero sen que perda a súa intención nin a forma en que sempre trato todos e cada un dos temas, con todo o humor que o meu estado de ánimo me permite en cada momento e coa mesma liberdade que eu mesmo defendo para os demais, como sempre demostrei neste blog e no seu defunto foro. Puxen termos como "tal como se comenta, tal como se fala..." para que se entenda cando son opinións miñas e cando non, como en Barrio Sésamo. O resto intacto, guste máis ou guste menos, dando por rematada a explicación.
En definitiva, leamos novamente o noso MANIFESTO por un barrio sostible, gocemos da vida que nos regalaron, preocupémonos dos problemas barrio, comprometámonos na súa transformación, e que nada nin ninguén free o noso impulso vital.
Canido Sostible
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-82088925324199123762015-02-03T23:36:00.000+01:002015-03-09T08:20:29.146+01:00Juan Carlos Monteagudo
Canido [03/02/2015]
...tres, dous, un, cero!, e o foguete sae da terra en dirección ao espazo exterior. Dende o cume do Campo dos Peludos, un grupo de mozos observa a parábola descrita polo chispeante obxecto voador ate que unha explosión libera o módulo lunar que levará ao seu ocupante a aterrar, de xeito forzado, sobre o terreo que, na parte baixa da parcela, espera a finalización desta rápida aventura interestelar de escasos dez segundos de duración.
Os xoves expedicionarios corren cara á nave espacial para buscar signos de vida no seu interior. Rompen a deformada plastilina coa esperanza de atopar vivo o saltón astronauta que segue atrapado entre esa pasta azul, mesturada con terra e restos de follas secas.
Así eran a diario as aventuras que unían un grupo de amigos arredor do enxeñoso Monteagudo. Unhas veces era un foguete, noutras un canón elaborado a partir de tubos de lámpadas vellas, cargados con pólvora artesá a base de clorato potásico, xofre e carbón vexetal, con balística consistente en proxectís de chumbo conformado cunha lima no vello taller da familia Carrillo.
Juan Carlos Monteagudo era eso, un xenio, unha mente brilante, probablemente inspirada na teoría que impartía o vello Don Luis nos Reis Católicos. Un talento que na súa vida adulta ninguén quixo nin soubo aproveitar.
A súa vida profesional estivo marcada polo sino do fracaso ao que boa parte dos ferrolans vense abocados polos designios do capitalismo máis salvaxe, que despoxa ao ser humano da súa dignidade como traballadores e membros dunha comunidade viva.
Foron curiosamente "Los Ideales" nos que traballaba, fagocitados por unha Arriva á que lle importaban un carallo os compromisos existentes, os que frustraron o seu ideal de vida, levándoo a unha espiral de abandono que moitos de nós non fomos quen de evitar, simplemente porque nin o intentamos.
Faleceu totalmente só e sen os ingresos básicos que todo home e muller precisan, pouco despois de que a súa nai, meses antes, se fose á presenza do Pai, coma se dende o alto o convencese de que alí sería moito máis feliz que neste puto mundo. El accedeu, demostrando despois de morta o mesmo cariño e coidados con que a tratara en vida.
Aquí, xornalistas marcados polo morbo só se fixáron en aqueles aspectos superficiais que puidesen atraer lectores á súa crónica cun titular impactante, obviando a realidade que escondía esa situación que se acababan de atopar, como as ratas dunha cloaca, negra e fedorenta.
Foron precisamente estas historias as que nos uniron, sin sabelo, por última vez despois de moitos anos, apoiados na parede das casas da mariña, mirando o lugar onde antes estaba noso Campo dos Peludos, e pola que agora xogaba aquela gata túa que un día decidiu saltar pola ventá en busca da liberdade.
Seguidor de Canido Sostible espetoume coa súa voz extremadamente tranquila aquilo de que "así que ti eras Faustino V". E eu, claro, descojoneime de risa.
Hoxe non podo máis que lembrarme de ti e pedirte perdón por non ter estado contigo cando máis o necesitabas.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-88704767903734961602014-05-06T17:55:00.002+02:002015-03-12T18:04:18.022+01:00Qué é a Igrexa?
Canido [06/05/2014]
Voume poñer un pouco meapilas para explicar algunhas cuestións das que se está a falar estos días respecto do uso dos cartos do Toldo, a orixe do Albergue e a súa propiedade, así como esos danos feitos pola "Igrexa" no barrio e no mundo dos que falan algúns.
Empecemos por un concepto básico que habitualmente é mal utilizado, non só por xente que se autodefine como non crente, se non tamén por aqueles que nos consideramos como "practicantes". Estou a falar da Igrexa.
É bastante normal que digamos que a Igrexa fai esto mal, ou esto ben, ou que ten non sei cantos cartos, ou que non queremos dar un peso para ela. Falamos da Igrexa como un ente xurídico, como algo con identidade individual, case persoal, que é mala ou boa, guapa ou fea, rica ou pobre en función dunhas accións concretas ás que cada un de nos, en función da posición na que se atope, é quen de utilizar.
Un exemplo. Aquel que é enemigo da Igrexa polo posicionamento de determinado sector oficial durante o franquismo, utilizará os desmáns do cura de tal sito porque denunciou ao mestre republicando fulano, por ensinarlle a importancia da liberdade aos cativos. Parece un argumento de peso, e non lle quito razón.
Fronte a esto, haberá algúns, que dirán que gracias a Cáritas non existe unha explosión social, e que é a única que, ademáis de cubrir as carencias do goberno en materia social, o denuncia cun informe que os ministros "demo-cristianos" quitan credibilidade dun xeito case insultante. Non parece mala tampouco esta afirmación.
O certo é que ambos teñen razón, pero tamén erran, porque a Igrexa é a comunidade de crentes, todos eles humanos, polo que é capaz de acertar e equivocarse como tales. En resume a "Igrexa santa e pecadora", que dirían as nosas nais. O erro está en eso, en identificala con persoas concretas.
A nivel local, as comunidades de crentes se organizan en parroquias, que teñen a cabeza un sacerdote e, normalmente, un lugar de culto, onde se imparte o sacramento da eucaristía. Para o que non cre, é algo así como unha coreografía absurda realizada por un señor maior, pero para o que considera que Cristo resucitou, é o lugar onde se alimenta a fe, esa que permite que existan persoas, como moitos veciños dos que xa os teño falado moitas veces, que entreguen a súa vida cunha xenerosidade e gratuidade difícil de entender para o que non participa.
Estas comunidades tentan imitar as primeiras comunidades cristianas, das que se fala nos "Feitos dos apóstolos" nas que todo era compartido, e que determinados curas, como Gabriel, levaron ate unhas consecuencias nunca antes vistas, sendo por elo tachados de "rojos e comunistas".
Neste espíritu comunitario, Grabriel, home adiantado ao seu tempo, iniciou proxectos de cooperativismo para construir vivendas no barrio e un centro de inmersión na natureza en Esmelle. Para elo non podía máis que contar coa comunidade, composta de crentes outros que non o eran, porque Gabriel non facía distinción: todos eran parroquia. Coa súa axuda, física e económica, levantou o que hoxe coñecemos como Albergue de Canido: un proxecto comunitario pioneiro no mundo mundial. Eran cartos e traballo de todos e de ninguén, eran, por tanto, cartos e traballo da parroquia, entendida como comunidade.
Pero como o lexislador non entende de comunidades nin de farrapos de gaitas, e non pode escriturar a nome de todos, se escrituran as cousas a nome do representante legal desa comunidade, que normalmente é o bispado.
Como pasou coas primeiras comunidades, a nosa tamén fracasou, porque a formamos homes imperfectos, e o que é de todos no disfrute non é de ninguén na responsabilidade, e pasa o que pasa, que termina feito unha merda, como o Albergue.
Houbo un tempo que salvo para catro ou cinco persoas, algúns deles vellos amigos deste blog, o Albergue xa non interesaba, esa é a realidade, nos guste máis ou nos guste menos, seguramente porque ese proxecto tampouco foi entendido polos que viñeron despóis. Unha pena.
Pensar en recuperar a propiedade do Albergue para o pobo ou para a Asociación de Veciños, como comentan algúns, é algo así como facer un chamamento a Mendizábal, absurdo. O sensato é comprometerse na responsabilidade da xestión parroquial, algo que implicaría cumplir unha chea de normas en materia de construcción e de uso, que non creo que sexa posible na actual coxuntura, manténdose nesta situación de alegalidade na que persiste dende a súa fundación. ¿Estades seguros de ser capaces de asumir a responsabilidade da súa xestión?. Non respondas agora, faino despóis da publicidade.
En definitiva, o traballo dos nosos pais foi para a comunidade parroquial, e o que realmente hai que recuperar é un espíritu comunitario que hoxe non existe.
Algúns pensades que dar cartos para a parroquia é dalos para que o cura se compre un coche, ou para una casulla bordada en ouro ou para comilonas no Vaticano: é dalos para que moitos veciños poidan vivir con dignidade, ou para que os mozos do noso barrio podan criarse en contacto coa natureza. Esa é a realidade que chama por nós e que non nos interesa, porque sempre buscamos excusas baratas para non dar ou facelo con condicións.
Ésto é o que eu penso.
Ta logo
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-29280711045464102052014-05-04T23:23:00.003+02:002015-03-09T08:18:24.840+01:00Toldo solidario da Tafona e Festas de Canido
Canido [04/05/2014]
Recentemente fun especialmente crítico coa Asociación de Veciños "Cruceiro de Canido" no Facebook, por varias razóns. A primeira e máis importante, polo desprecio mostrado ó monumento que lles da nome, ao dificultar a ofrenda floral coa que as veciñas e veciños do barrio, dende tempos inmemoriais, agasallan á Santa Cruz.
A outra razón, de carácter menor, pero que explica claramente a primeira, polo nome co que rebautizaron as nosas festas, outorgándolle o protagonismo principal aos Maios, fronte á Santa Cruz de Maio, referente que ás convirte en patronais por ser éste o nome que preside a nosa parroquia.
Este feito, a nivel persoal, desvirtuou totalmente un programa que a priori parecía interesante, con actividades variadas nas que se evitaron horteradas tipo Paris de Panorama. E digo desvirtuar por estar feito dende o sectarismo, despreciando, por unha cuestión aparentemente ideolóxica, aos veciños e veciñas que cada ano, gracias a un compromiso casi sempre dende a fe, doan parte do seu tempo e diñeiro, en encher de flores o noso cruceiro, incluso en tempos cando ésta era a única proba da existencia de festas no barrio e a AAVV, con outros membros, non daba sinais de vida intelixente.
De tódalas persoas que durante anos participaron e participan, creo que ninguén se ofenderá si fago especial mención a Reme, no quinto aniversario do seu pasamento. Este ano ademáis por outra razón especialmente importante, pois cando ninguén contaba xa co principal elemento diferenciador das nosas festas, o Toldo solidario, que non aparecía no programa das festas, xurdiu novamente ese espíritu de barrio, para facelo realidade gracias ao impulso dos veciños e veciñas, entre eles, como non, os fillos e fillas de Reme.
O resultado foron 553 euros que este ano irán destinados á rehabilitación do Albergue parroquial de Esmelle, por decisión dos seus promotores. Creo que falta lle fan.
Estou seguro que poden convivir perfectamente as tradicións coa innovación, a actividade hostaleira coa solidaria, é dicir, aquela que crea postos de traballo entre os nosos veciños, con aquela que se ocupa dos que non teñen nada.
Pola miña parte, haberá festa sempre que vexa o cruceiro cuberto de coloridas flores, por moito escenario e chilindrada que vexa no medio dos xardíns.
Canido Sostible sempre.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-63220134326361243892014-03-13T23:32:00.001+01:002015-03-09T08:18:41.305+01:00Canidos interruptus
Canido [13/03/2014]
Joer, que non creía eu que sería quen de voltar a escribir no meu primeiro e querido blog, pero debo estar afectado pola crise dos cuarenta: a volta ás orixes, o reencontro e todas esas cursiladas. En fin.
O caso que sendo eu un dos moitos afectados polas obras do Urban en Canido, quería deixar constancia da miña crítica por escrito, máis aló das que xa me tedes escoitado moitos de palabra.
O certo é que probablemente fora eu dos primeiros que fixen un alegato en favor do Urban para o barrio nos inicios deste blogue, cando moitos nin sabían de que estaba falando, máis que nada porque fun testemuño e partícipe dalgún outro nalgunoutra cidade da que non ven a conto falar, onde esta riada de cartos permitiu o desenvolvemento e dinamización do seu entorno a tódolos niveles.
Non podo negar que esa ilusión inicial ía tornando en auténtico asombro a medida que o tempo transcurría e os proxectos e as máquinas non aparecían polo noso barrio, para pasar a pánico en canto estas asomaron polo horizonte e fixeron acto de presencia nas nosas rúas e prazas, finalizando en desesperación unha vez abandonaron o noso territorio deixando un rastro de cemento e ineptitude ao seu paso.
Decir que antes as cousas estaban mellor sería mentir: o cruceiro como rotonda ou rúas feitas merda e tomadas polos coches non son o mellor exemplo de paisaxe urbana, pero é que non todo vale. Non valen tódolos materiais, non vale calquera execución con tal de que mellore en algo o existente e moito menos vale facer as cousas sen planificación e sen contar coa cidadanía xustificando todo con "árboles de grande porte".
Non pasaron máis de un par de meses dende que os traballadores deixaron as obras e xa parece todo vello: charqueiras, regueiros, sedimentos, verdín... unha obra digna da Rumanía de Ceușescu. Seguro que alguén dirá que era xusto eso o que se buscaba. Os artistas somos así, dirán.
Paréceme a min que detrás de todo esto había unha boa intención que se deixa entrever nalgúns dos resultados como a apertura de Máximo Ramos e en parte da idea do Cruceiro, en definitiva en destellos que non compensan o resultado final. Un quero pero non podo.
Lémbrame a eses grandes fichaxes que non resultan. Que un día cun par de regates parece que van, pero que non.
En fin como eso que estades pensando.
Un Canidos interruptus, ou algo así.
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6254176702237061919.post-51146277321235200392012-04-28T01:04:00.003+02:002015-03-15T00:36:07.988+01:00Festas en Canido
Canido [28/04/2012]
Festas en abril, grupo Alcotán, orquesta Ismael, toldo en martes....hai que acostumbrarse a tanto cambio, pero nada que alegar. Eu que non din picañada na organización e non me vou poñer aínda exquisito coas festas que traballaron outros.
O 29 deste mes recuperase un modelo de festas que parece que moita xente botaba en falta, o da verbena, o cabaliño, o tren da bruxa e o tiro con escopetas de cañón retorto.
Parece que si non escoitamos chundas chundas, sorteos de "muñecas chochonas", ou non rematamos o día con "elchachachadeltren", é como se nos faltase algo, como se a festa fose menos festa, e pode ser que sexa así. Eu non son desa idea, pero xa sabemos todos que eu son máis raro que un perro verde.
A min o que realmente me jodería é non escoitar gaiteiros, tamboriles, non ver o cruceiro engalanado, pasar un patrón sen Toldo e non ver rapaces facendo filigranas con flores nesa eclosión de maios no que transforman o noso barrio. Sen Isabel ou sen Alcanfor dando la barrila, seguro que sí. Eu non botaba de menos ese tipo de festa, pero seguro que pasarei para aproveitarme do traballo alleo e, por suposto, menear o cu.
En definitiva, temos tres días para enjarrillarnos, berrear, pero sobre todo para afianzar os noso compromiso co barrio. Para lembrar o noso MANIFESTO e de todos os veciños que xa non están no físico, pero sí en todos os nosos corazóns.
A disfrutar piltrafillas!!!
Faustino Vhttp://www.blogger.com/profile/11719130393158785381noreply@blogger.com0