Xa non sei cantos anos hai que escribín sobre o Urban para Canido. Ilusións a borbotóns sobre unha chea de cartos que chegaría para renovar o barrio. Unha chea de anos (case tres!!) escoitando as alucinantes inversións que ían poñer o barrio como "Beverligils", para finlamente escoitar a triste realidade sobre uns proxectos e son para empezar a tremar.
O que aparecía o outro día nos diarios locais incluía, entre outras actuacións, a reforma da Praza do Cruceiro para implantar "árboles de gran porte". O epicentro de Canido ía verse repoboado coma o Amazonas. Creo que están a cazar os monos tití e os orangutanes para que a cousa quede completa. Creo incluso que algún coñecido veciño xa se amosou a favor de doar un par de Pitóns para que a nova selva urbana do barrio teña a súa guinda multicolor. Árbores de grande porte no cruceiro, unha idea que merece un premio. Nin no mellor dos meus sonos pensaría endexamáis nese tipo de vexetación para unha praza urbana que leva máis dun século neste estado. Nin a min nin a ninguén cun dedo de frente, pero os políticos ferroláns parece que aínda padecen os efectos dos verquidos do Urquiola. Parece que están tocados da chencha.
Despóis da desfeita da praza da Tafona, que xa daba noxo ao inaugurala, e que neste momento está para botar as tripas de fora, parece que o seguinte en padecer os efectos devastadores dos responsables de obras vai ser o noso querido cruceiro competindo en beleza cos baobab. Terrorífico.
Sobre as accións nas rúas Atocha e Máximo Ramos, en principo nada que dicir salvo que cando se aplica un Plan de Mobilidade feito por BCN Ecoloxía, con Salvador Rueda á cabeza, hai que facelo mantendo o espíritu plantexado por el. Collelo como a un lle parece é unha auténtica ruína. Simplemente sirvan esta preguntas como exemplo: ¿qué se fai co vehículo privado? ¿Qué alternativa teñen os veciños?. ¿ Qué vai primeiro o carro ou os bois?.
Dame a sensación que este goberno municipal ten boas intencións, pero un cacao mental que non pode con el. Convirte en problemas os éxitos e iso vaise notar nas urnas.
Estou que morro por subirme ás secuoyas do cruceiro e tirarme en liana cara á miña casa como Tarzán
Joer, é que non hai xeito de poñerme positivo
Ate mañá colegas

